Samaín en Salvaterra

Con actividades para pequenos e maiores

Salvaterra de Miño | Achégase unha das datas máis esperadas do calendario para pequenos e maiores: o Samaín. Este ano o Concello de Salvaterra de Miño presenta a primeira das actividades na que os protagonistas serán os máis pequenos da casa.

O vindeiro luns 30 de outubro teremos a partir das 17:00h na Praza do Concello unha tarde de medo “En busca do Tesouro”, será unha divertida tarde con diferentes actividades dirixidas a tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos.

O prazo de inscrición para participar na actividade que é totalmente gratuita comeza o 16 de outubro e remata o 24 deste mesmo mes.

Para inscribirse deberán chamar o teléfono 629770177 ou ben escribir ó correo comunicacion@concellodesalvaterra.org indicando o nome completo, DNI, teléfono e idade. Esta non será a única actividade prevista polo Concello de Salvaterra para esta festividade, nos próximos días anunciaremos a data do roteiro de Samaín e con el os prazos de inscrición para participar.