Salvaterra de Miño | Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza a fogueira e sardiñada de San Xoán, e anima a todos os seus veciños e veciñas a desfrutar todos xuntos.
A celebración terá lugar a noite do venres 23 e xuño no Recinto Amurallado. A partir das 22.00h comezará o evento no cal, ao igual que en anos anteriores, se poderán degustar sardiñas asadas, pan e viño, mentres se desfruta dunha velada agradable e de música ambiental., na noite máis corta e máxica do ano.