Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas está a levar a cabo as obras de saneamento para recoller as augas fecais dos núcleos de A Bouzavedra (San Xurxo), Revolta (Parderrubias), Carballal (Picoña) e nos edificios da Galescola e centro de Saúde na vila de Salceda.
O orzamento de execución ascende a 55.925,6 € financiados polo Concello de Salceda de Caselas a través do Plan de Cooperación. As obras son executadas pola empresa Norexca, sendo unha entidade local é que, dada a situación económica que se está a atravesar e a problemática de desemprego, o Concello de Salceda aposta polas empresas locais que xeran postos de traballo á xente da localidade.
Esta obra vai a dar servizo a 22 vivendas, sendo os puntos de vital importancia, na realización de dita obra, o do Centro médico e Galescola, onde se viñan dando problemas de malos cheiros, tanto nos mesmos edificios como no seu entorno, permitindo así a futura unión coa depuradora de Guillarei.
Fortunato Álvarez asegura que “unha das obras máis vitais para o futuro de Salceda como vila é a do saneamento, xa que tendo unha boa xestión das augas residuais podemos acabar cos problemas de contaminación de acuíferos”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, salienta que “este é un paso máis no saneamento integral do Concello tras a posta en marcha da depuradora de Guillarei, co obxetivo final de que todos e todas as veciñas de Salceda poidan contar con este servizo”.