Salvaterra de Miño | O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente retomou a súa actividade en outubro do ano 2022, cun novo equipo multidisciplinar formado por 1 psicologa e coordinadora do servizo, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda.
O Servizo de Atención Temperá desenvolve a súa actividade presencialmente en cada un dos concellos, en instalacións destinadas para tal fin.
Ao tratarse dun único servizo, os usuarios do mesmo poden ser atendidos en calquera das ubicacións, en función da dispoñibilidade horaria tanto das familias como do equipo profesional do SAT.
Durante estes 6 meses de actividade, atendéronse un total de 69 nenos e nenas con transtorno no seu desenvolvemento ou risco de padecelos e as súas familias, das cales 37 son do Concello de Salvaterra de Miño.
Na posta en marcha do servizo leváronse a cabo reunións de información a pediatría de atención primaria e centros educativos do ámbito de actuación do Servizo, dos procedementos de actuación para desenvolver o protocolo de AT. Ademais de actuacións de coordinación externa e colaboración con outros profesionais e servizos dependentes de distintos ámbitos (sanitario, educativo e social, recursos da zona…)
Aínda que a maior parte dos usuarios do SAT acuden a servizos de proximidade tanto educativos como sanitarios, lembramos que o único requisito de atención no SAT é o do empadronamento nun dos concellos dentro do ámbito de actuación do SAT, non sendo necesario que o servizo de pediatría de atención primaria ou o centro escolar estean incluídos dentro destes concellos. Esta unidade conta co apoio apoio da Xunta de Galicia financiando o 90% do seu custo e o resto finánciase con achegas dos distintos Concellos participantes, non supoñendo custo algún para as familias usuarias da mesma.