Salvaterra de Miño | Durante esta semana terán lugar multitude de conferencias, obradoiros, xogos, experimentos e exposicións con nomes tan suxestivos como “Cine en 360”, “Cerebro e Pantallas”, “Pseudociencia”, “Costura Matemática”, “Scape Box”, “Afunde a Flota Atómica”, “Trucos de Maxia: Explicación Científica”, “Pasta de Dentes para Elefantes” ou “Crea a Túa Propia App”, nos que terán presencia todos os niveis do IES.
Nesta primeira xornada contamos coa visita da Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel Gómez, e do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, que visitaron as distintas casetas instaladas polo centro, ademais do invernadoiro e o taller de madeira.
Distinción de floricultora da camelia
De lonxe lle ven dado o talento para a floricultura da camelia a Josefa Rosaura. A súa avoa, que traballaba no Pazo da Merced (As Neves), tiña afición por estas flores tan particulares, e a súa vez con tantas variedades.
A inquietude de Josefa foi nada logo de que lle contaran que unha árbore que tiñan na casa, non daba flor dende facía anos, e que iso era así… cousa que espertou interese na nosa veciña.
Esta Salvaterrense pouco a pouco foi recollendo información sobre esta flor ata o punto de comezar a cultivala por ela misma, demostrando que non se lle da nada mal.
“É un mundo isto da floricultura da camelia, comezas por ter poucas pero remata por ser unha obsesión moi fermosa” comentaba Josefa entre verbas coa Alcaldesa Marta Valcárcel.
Cómpre dicir que existen unhas 50 especies de camelias, pero cada especie ten unha extensión de variedades tan grande que multiplican moitísimo o número de exemplares.
Con tanto coñecemento e o agarimo que ten sobre as súas flores, non é de extrañar que lle chegara o recoñecemento en diversas exposicións de Vigo e Pontevedra, acadando dous premios xusto antes da Pandemia:
Un 1º Premio sobre a Camelia Híbrida de Vigo 2020.
Un 2º Premio sobre a Camelia Japónica Xaspeada Vigo 2020.
Este ano ven de celebrarse outra exposición de camelias en Pontevedra, onde a nosa veciña de Meder recibiu un premio ao que soamente se pode optar unha vez no mundo da floricultura da camelia:
Premio Especial da Sociedade Española da Camelia da Deputación de Pontevedra. Este é un recoñecemento a toda a mesa de Camelias exposta por Josefa, sendo un premio que ten a particularidade de que soamente se pode recibir a primeira vez que os participantes se presentan a esta exposición.
Por todo isto, o Concello de Salvaterra de Miño desexa transmitir o seu orgullo a Josefa Rosaura, animando a que siga traballando sobre a camelia e compartindo os seus éxitos con todo o pobo de Salvaterra.