Salvaterra | A Eurocidade Monçao- Salvaterra segue a traballar na posta ao día da realidade transfronteiriza e a súa ideosincrasia, coa programación de actividades na que ven sendo a segunda Semana da Eurocidade, que se vai celebrar a última semana do mes de setembro, tralo éxito de público da edición do pasado ano.
O eixo central desta segunda semana da eurocidade, vai a ser o coñecemento mútuo dos recursos educativos. A día de hoxe, existen moitos desprazamentos de alumnado de ámbalas dúas vilas, que estuda noutras poboacións próximas. Dende a nosa eurocidade damos un paso mais achegando os recursos educativos de ambos lados da fronteira, coa finalidade de que tantos os organismos oficiais como os usuarios finais, neste caso alumnado de cuarto da ESO do IES Salvaterra, coñezan de primeira mán os recursos de que dispón na EPRAMI, Escola Profissional do Alto Minho interior de Monçao.
A oferta formativa para este curso escolar da EPRAMI, vai dende o mantemento industrial, pasando pola mecánica do automóvil, cociña/pastelería, restaurante bar ou estética entre outros ciclos formativos.
Nestas xornadas de formación e coñemento mútuo, o xoves 26 ás 19.00h na Casa do Conde, seguimos afondado na realidade do emprego. Por ser a nosa ponte internacional, unha das máis transitadas por vehículos lixeiros, hai un efecto inmediato que se reflicte tanto no transito diario de veciños e veciñas, na vida comercial, no ámbito do estudos de ocio e por suposto no mercado de traballo. Debido a gran demanda de información dos nosos veciños e veciñas, a eurocidade debe ser o punto de atención directa para tratar de resolver en primeira persoa as dubidas dos nosos veciños A coordinadora do EURES transfronteirizo será encargada de resolvelas dúbidas que podan xurdir non ámbito do autoemprego, modelos contratos e outras problemáticas que se dan no territorio da eurocidade.
Outro dos puntos destacados da programación da segunda Semana da Eurocidade é a posta en valor patrimonio turístico, cultural e natural, coa andaina nocturna que dende o Parque das Caldas de Monçao, percorrerá diferentes puntos de interese e con chegada no miradoiro do río Miño, donde un experto nos achegará ao mundo da observación astronómica a través da mesa astronómica alí situada. Para participar neste roteiro é preciso inscribirse aquí e poder así desfrutar dunha experiencia nun enclave privilexiado para este tipo de actividade.
As actividades deportivas tamén están presentes na programación , cunha exhibición de deportes náuticos , tanto no sábado como no domingo, organizado polo Subzone de Monçao en colaboración coa Eurocidade.