Ourense | Os senadores do PP de Ourense alertan do desprezo de Sánchez cara as infraestruturas ferroviarias pendientes, desentendéndose da petición de convocar a Comisión de Seguimento da Estación Intermodal.
Ante a pregunta formulada polos senadores populares sobre a data de convocatoria desta importante comisión, o Goberno de Sánchez resposta que “la posible fecha de celebración de la Comisión de Seguimiento del Convenio será la que determine las necesidades de ejecución del mismo”. Ademáis, a falta desta Comisión de Seguimento, pedida insistentemente desde todas as administracións, atenta contra a transparencia nas obras.
“Respostar algo así é unha falta de respecto cara Ourense e aos ourensáns pola negativa a avanzar nas súas infraestruturas ferroviarias pendentes, tendo en conta que somos a porta de entrada do AVE a Galicia. Mentras noutras ciudades si que buscan a transparencia, o Goberno de Sánchez despreza a Ourense e os proxectos que aquí ten pendientes”, sinala o senador popular Jesús Vázquez.
“Respostar algo así é unha falta de respecto cara Ourense e aos ourensáns pola negativa a avanzar nas súas infraestruturas ferroviarias pendentes”
A actitude do Goberno de Sánchez faise insostenible polo desprezo ao que somete a Ourense incumprindo os compromisos adquiridos coas grandes infraestruturas. É indignante que esa comisión de seguimento si fora convocada e xa esté celebrada en Lugo e A Coruña, e que rexeiten a petición que realizan insistentemente a Xunta e o Concello para Ourense”, sinala Jesús Vázquez.
O Goberno central parece que quere ocultar o seu verdadeiro propósito, que é non invertir en Ourense, mentres noutras ciudades, como é o caso de Santiago, licita as obras se ben non cumpría un dos requisitos establecidos (a construcción da intermodal estaba suxeita a que superase os 3,5 pasaxeros e vén de ser licitada igualmente)
“O Goberno central parece que quere ocultar o seu verdadeiro propósito, que é non invertir en Ourense”
“Qué pasa con Ourense? Por qué tanto desprezo á nosa cidade? Todo responde á actitude de desprezo que manteñen Sánchez, o ministro Ábalos e a propia presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, pese á súa condición de galega”, recalca o senador Jesús Vázquez Abad. O ministro Ábalos estivo en Ourense o 22 de novembro de 2020.