Sergio Pazos inaugurou unha clínica dental en Ourense

“Paspallás” rexentou en Ourense “A Pita Tola” establecemento hostaleiro na zona vella

Ourense | O actor e cómico ourensán Sergio Pazos Huete foi convidado para a inauguración da clínica Dentalnova, que xa está aberta na rúa Concordia da cidade das Burgas. O establecemento que conta con dezaoito novos postos de traballo na cidade ten “un enfoque completamente dixital para elevar a precisión diagnóstica e a personalización dos tratamentos”, segundo manifestaron os seus responsables. A clínica inaugurouse con animación musical.

Sergio Pazos, de 59 anos que rexentou o establecemento hostaleiro “A Pita Tola” na zona de San Francisco, pasou con amigos uns momentos, despois do acto, en San Miguel, restaurante de referencia en Ourense. O actor, que nunca deixou de traballar en Galicia, onde é especialmente popular polo seu papel de “Paspallás” na serie cómica “Pratos Combinados” emitido pola TVG a principios dos anos 90, comezou logo a aparecer en distintas series televisivas nacionais.

En 1996 saltou á fama ao converterse nun dos reporteiros do exitoso programa “Caiga quien caiga”, presentado polo Gran Wyoming. Participou en distintas longametraxes, obras teatrais e mesmo no programa de telerrealidade “A illa dos famosos”.

En 2006 foi colaborador do magacín vespertino de Catro, Channel nº4, presentado por Boris Izaguirre e Ana García Siñeriz e presentador do programa “Xincana Tivi Show” en Aragón Televisión. Sergio ven a Ourense coa frecuencia que lle permite o seu traballo e sempre é ben recibido e arroupado por quenes o coñeceron nos seus anos de hosteleiro e por cantos siguen as súas aparicións nos medios de comunicación.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.