Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de miño deu marcha fai case dez meses o Servizo de Orientación Laboral. Nese tempo atendéronse preto de 400 usuaria/os do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego, prestando un servizo de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc.
Ao mesmo tempo, o Servizo de Orientación levou a cabo nestes dez meses 75 IPIs, dos cales aínda están 26 abertos. Os IPIs son itinerarios personalizados de inserción onde se traballa individualmente durante 6 meses todos os aspectos da búsqueda para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes na búsqueda e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuaria/o.
Dende este departamento creouse tamén unha bolsa de emprego que conta con máis de 400 persoas que, xestionou 24 ofertas de emprego demandadas polas empresas.
Ademais, por medio das Redes Sociais fanse publicación de ofertas de traballo no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e promocionar máis opción aos nosos veciños e veciñas.