A Concellería de Emprego e Formación informa sobre o catálogo de máis de 170 cursos
Salceda de Caselas | A concellería de emprego e formación celebrará unha sesión informativa no CDL O Torrón, co fin de explicar o funcionamento da nova Aula Mentor que alberga o Centro de Desenvolvemento Local.
Preténdese dar a coñecer o proceso de matriculación e o funcionamento desta nova alternativa de formación para adultos, aberta, flexible e a través de internet. Informarase do horario de consultas e trámites, ademáis de mostrar o catálogo de máis de 170 cursos dos que disporán os alumnos en distintas especialidades profesionais.
A Aula Mentor de Salceda xa dispón ademáis das instalación precisas, de dous administradores, un no propio CDL e outro no Concello na propia Concellería, que orienta, asesora, informa e matricula ós alumnos e alumnas. Esta aula comenzou a súa andaina o 1 de xaneiro e xa ten os primeiros alumnos matriculados, converténdose así na sexta Aula Mentor da provincia.
Entre as accións formativas pódense atopar cursos das áreas de ofimática, diseño web, idiomas, hostelería e turismo, administración e finanzas, ecología, servizos socioculturales, enerxía e instalacións entre outras. Os alumnos despois de rematar o curso recibirán un diploma do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Marina Cabaleiro, suliña que “temos o obxectivo de seguir proporcionando distintas opcións formativas que lles permitan os veciños e veciñas a mellorar o seu currículo, xa sexa para mellorar as expectativas profesionais ou para buscar emprego no caso dos desempregados, xa que esta formación é aberta para todos”.
A sesión informativa será aberta ó público en xeral e terá lugar no CDL O Torrón o próximo mércores 29 de xaneiro ás 20:00 horas.