Sober | O Concello de Sober colocou un stand informativo na Praza do Concello en para informar á cidadanía sobre o novo servizo de punto limpo ambulante. A través deste servizo ofrécese a posibilidade aos veciños e veciñas do municipio de depositar os residuos de forma axeitada. Ademais, ao longo da xornada fomentouse a cultura da reciclaxe entre os asistentes e para facer entrega de bolsas reutilizables.
O punto limpo móbil, adquirido co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, disporá dunha ruta coa que se garantirá o acceso ao servizo por parte da veciñanza. Poderanse depositar residuos como pilas, fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe.