Sober | A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 215.000 euros ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil municipal de 40 prazas.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou o centro cuxa atención educativa xa é gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.
A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sober e incrementar a súa capacidade para convertelo nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.
Fabiola García sinalou que Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación.