Nas páxinas de xubilados e pensionistas aparecen sistematicamente propostas que reclaman a eliminación do IRPF das pensións, así que é necesario analizar e informar sobre iso.
1 – A quen beneficia?
Soamente ás pensións mais altas, que son entre o 20 e o 25 % dos case 10 millóns de pensións existentes.
2- A quen prexudica?
En principio a todos os das pensións máis baixas, que son entre o 75 e 80 %, xa que retiraría recursos da sanidade, os servizos sociais (que son algo máis das viaxes de IMSERSO), a seguridade pública e todo aquilo que sexa de acceso universal dos que este sector é beneficiario preferente, tendo en conta as súas limitacións económicas. Evidentemente impacta na educación, a vivenda pública, as relacións exteriores, corrección de desigualdades como a pobreza enerxética, etc. que afecta á totalidade da poboación pero sobre todo aos máis vulnerables. Iso é así porque a principal fonte de financiamento de toda prestación ou servizo público é o recadado polo IRPF.
“O mínimo exento de pago do IRPF de 2023 é de 15.000 €”
3 – Por qué o colectivo con pensións baixas é o máis prexudicado?
O mínimo exento de pago do IRPF de 2023 é de 15.000 €, a inmensa maioría de pensionistas están no grupo de contribuíntes cuxos ingresos anuais non alcanzan esa cantidade, que supón que non teñen que pagar nada polo IRPF, polo que a posible eliminación reclamada para os pensionistas non produciría ningún aumento nos seus ingresos.
4 – É certo o argumento de que non é legal en Europa?
Este argumento é absolutamente falso, é máis d’acordo con a normativa da U.E. todos os estados membros poden establecer un IRPF, con idénticas fontes suxeitas a el. Salarios, pensións, alugueiros, dividendos, intereses, actividades agrícolas ou comerciais, actividades artísticas ou deportivas, rifas, etc. é dicir todo tipo de ingreso anual.
5 – Existe unha dobre imposición sobre as cotizacións á Seguridade Social?
A realidade é que cando se realiza a declaración anual ditas cotizacións serán gastos deducibles dos rendementos do traballo, de conformidade co articulo 19,2 da LIRPF O artigo 19 da LIRPF sinala o seguinte: “1. O rendemento neto do traballo será o resultado de diminuír o rendemento íntegro no importe dos gastos deducibles. Así pois non é posible argumentar que ninguén sufriu impacto algún do IRPF sobre as cantidades que durante a nosa vida laboral que nós ou os nosos empregadores achegamos como cotizacións á S.S”.