Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros e concelleiras do goberno local, veñen de presentar a programación do Nadal 2023-2024 no Concello de Mos, enmarcada baixo o título ‘SoMos Nadal’ e que comezará o vindeiro sábado, día 2 de decembro, ás 18:30 horas, cun espectáculo de Cánticos de Nadal a cargo de Emilio Rúa e Xosé Carlos Carneiro na Igrexa de Santa Eulalia de Mos.
O domingo día 3 chega o tan esperado acto inaugural do acendido navideño, que marca o inicio do Nadal en Mos e representa, xunto coa Festa Pre Fin de Ano do 30 de decembro, un dos acontecementos máis esperados e concorridos, tanto destas datas, como de toda a programación lúdica e cultural mosense.
O acendido do alumeado de Nadal do vindeiro domingo na contorna do Pazo de Mos dará comezo ás 18:00 horas e contará co espectáculo infantil “A Raíña da Neve”, a actuación musical dos “King Kids”, así como canóns de neve artificial e fotomatón con foto de regalo e obradoiros infantís de pintacaras e globoflexia.
Tamén o domingo 3 o Club Tenis de Mesa Mos organiza o Torneo Solidario Always Tenis de Mesa en horario de 10:30 horas a 13:00 horas.
Máis programación navideña en decembro e xaneiro
Mércores 6 • 18:00h • Auditorio de Torroso
Concerto Santa Icía
Coral Polifónica Ventos do Val
Sábado 9 • 20:00h • Multiusos das Pozas
Festival de Nadal Escolas Baile Deportivo Patricia Martínez
Domingo 10 • 18:30h • Auditorio de Torroso
Festival “Has de cantar Torroso Gaiteiro”
Concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso e
Grupo de Gaitas Ruada
19:00h • Pazo de Mos
Festival de Corais de Nadal
18:00h • Auditorio de Guizán
Teatro infantil títeres
“A cazola de Lola” (Tanxarina títeres)
Sábado 16 • 19:00h • Pazo de Mos
Teatro infantil
“Palabras” (Boaboa Teatro Infantil)
Domingo 17 • 17:00h • Avenida de Puxeiros
Certame de Rondallas
Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos)
Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)
Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville (Mos)
Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Baia (Mos)
Rondalla de Pontellas (O Porriño)
Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño)
10:00-14:00h • Centro Dotacional Torroso
Concentración solidaria de coches clásicos
Xoves 21 • 18:00h • Pazo de Mos
Acendido do Pazo de Mos (Campaña #AcendeOXacobeo)
Acendido monumentos do Camiño
Malvela
Chocolatada
Domingo 24 • 11:00h • Saída Parque de Sanguiñeda
Papanoelada Moteira
Sábado 30 • 23:30h • Pazo de Mos
Festa Pre-Fin de Ano
Orquestra Kubo
Jorge Cremades
DJs
Uvas para tod@s
Xoves 4 • 19:00h • Saída desde o Multiusos das Pozas
Excursión para familias “Barco do Nadal”
Saída ás 19 h ata o Porto de Vigo
Prezo: 14 € (adultos) / 9 € (nenos de 3 a 12 anos)
Venres 5 • 18:00h • Avenida de Sanguiñeda
Cabalgata de Reis
Desfile de carrozas SS.MM. e Rondallas de Mos
Belén Vivinte
Agasallo das SS.MM. para tod@s @s nen@s
Belén Pazo de Mos
Luns a venres • 10:00-14:00h • 17:00-20:00 h
Fins de semana • 10 a 14 h
Belén de Herville
Luns a venres • 15:00-17:00h • 19:00-22:00 h
Sábados • 15:00-22:30 h
Domingos•11:30-13:30 h • 15:00-21:30 h
Visitas guiadas Pazo de Mos
•7 decembro • 18:00 h
•30 decembro • 12:00 h
•4 xaneiro • 18:00 h
Entrada: 3,50 € a favor de Mos Axuda
Inscricións:
650 446 065
inscricions@pazodemos.org