Ribadumia/Somos Ribadumia | “Gondomar ten unha superficie catro veces superior a Ribadumia, pero o ano pasado retirou pouco máis dun cento de niños de velutina, mentres Ribadumia no mesmo período retirou e liquidou medio millar”.
Oubiña refírese así na análise da situación da velutina no noso Concello que en Somos Ribadumia abordamos na nosa última xuntanza, toda vez que co fin do inverno abre o período de tempo no que se deben realizar os trampeos para cazar raiñas deste insecto, que son as que dan lugar aos niños.
Ribadumia non conta cun plan organizado de trampeo contra a velutina, algo esencial na loita contra esta vespa. Iso non quere decir que non se fagan trampeos, pero os que se veñen realizando nos últimos anos veñen da man da iniciativa de diversos colectivos, a máis recente a colaboración CPI-DomusVi-Proteccion Civil, que co visto bo do Concello, previa foto de rigor, encheu as zonas verdes do concello de trampas artesanais con líquido atrainte. E aquí é onde xorde o problema deste tipo de iniciativas feitas con moi boa vontade, pero que sen ter o respaldo dun plan organizado, caen en saco roto.
As trampas desta última iniciativa colocáronse e maio do ano pasado, cando a primeira fase do ciclo vital das raiñas, que é cando funcionan os trampeos cuxo obxectivo é limitar o número de raiñas que constrúen niño, xa case tiña rematado, polo que o efecto das trampas quedou moi mitigado.
Ademais, ninguén se ocupou de facerlle un seguimento, nin de revisar, limpar e recargar as trampas, polo que un mes despois da súa colocación, o que tiñamos era tres centos, segundo os datos aportados, de botellas de plastico colgadas de polas de árbores, sen ser de utilidade para nada e dando unha pésima imaxe.
So no tramo ribadumiense da variante espiritual esta semana pasada fotografíamos máis de un cento desas trampas, algunhas de anos anteriores, colgadas das árbores e agardando, aparentemente a que o vento remate de romper os cardeais que as sosteñen para ir rematar ao río. Acesas hai que sumarlle as colocadas noutras zonas verdes do concello, que tampouco se retiraron.
“O goberno de David Castro debería mirar con máis coidado estas cousas, e retirar esa trampas unha vez cumprida a súa función, a principios do verán, para reutilizalas en anos posteriores ou para reciclar”
En verbas de Oubiña, “o goberno de David Castro debería mirar con máis coidado estas cousas, e retirar esa trampas unha vez cumprida a súa función, a principios do verán, para reutilizalas en anos posteriores ou para reciclar as que xa non teñan utilidade. Deixalas colgadas á súa sorte de partida é unha mostra máis de desidia, pero logo está o impacto medioambiental, e por último a mala imaxe de cara as visitas que percorren as nosas sendas fluviais vendo as árbores con esas botellas cheas de auga e insectos mortos, no mellor dos casos”.
A vista das situación, esta semana presentamos unha moción para propor ao pleno que inste ao goberno local á elaboración dun plan de trampeo anual, ben organizado, redactado en base a criterios científicos onde se definan as mellores zonas para trampear, o tempo que deben estar, e como se deben controlar., e por suposto a súa retirada cando rematen á súa función. Un plan, que se traslade aos distintos colectivos que queiran colaborar nesta loita, para así coordinar as accións e que estas sexan efectivas.
E pedimos tamén levar esta proposta á Mancomunidade no obxectivo de que amplíe o traballo do equipo de eliminación de niños e se realicen plans mancomunados de trampeo.
Por outra banda, non esquecemos a responsabilidade da Xunta de Galicia, polo que pedicelos tamén ao pleno instar á Xunta e ás consellerías de medio rural e de medio ambiente á que establezan plans deste tipo, e tamén que do ten fondos aos concellos para poder facer fronte a esta loita.
No obxectivo de que o resto de forzas políticas teñan tempo a revisar a noción, e seguindo a nosa liña de traballo baseado na transparencia e no diálogo, trasladamos a nosa proposta ao resto de partidos da oposición ademais de ao goberno local. Tamén agardamos que para cando chegue o pleno ordinario do mes de marzo, o goberno local teña actuado como mínimo sobre as trampas que ondean ao vento nas zonas públicas.