Ribadumia | A Agrupación Somos Ribadumia alertou que o goberno municipal dirixido por David Castro está aumentando os ingresos municipais “a través de multas e de recortes orzamentarios” en áreas como deportes e cultura.
Indicou que de recadación municipal “este ano ten previsto ingresar polo concepto de multas e recargos varios 25.000€, máis do dobre que no 2019”. Con todo, argumentan que “o mais grave é o roubo intencionado” no apartado de ingresos, “onde deberían aparecer os 954.505,57€ que ao longo deste ano vai aportar o goberno central, e que xa están aprobados e publicados, e aparecen unicamente 924.000€”.
Somos Ribadumia denuncia “erros de transcrición” en partidas como os 16.000€ de pago da factura eléctrica cando “habitualmente anda nos 1.500€”, toda vez as promesas do alcalde de reducir a factura eléctrica nun 70% “de momento quedase nun 20%”.
Critica tamén a “mala xestión do mantemento de parques, xardíns e espazos públicos” e os recortes orzamentarios en cultura, política social e deporte, toda vez o reparto das axudas económicas á hostalería e comerciantes pola pandemia “é pobre”.