Ribadumia | Por se a situación non era xa complicada, o alcalde de Ribadumia, David Castro decidiu levala ao terreo do absurdo coas súas declaracións en prensa. Ante medios distintos declarou cousas moi dispares, chegando a asegurar que a festa na casa na que vive rematara as 00:45, que só había 10 persoas a uns medios, a outros que só había 7 ou 8 persoas, e incluso chegou a negar a súa presenza na festa ou dar a entender que non tiña relación coa casa na que se realizou esta, como se non vivira alí.
Para Oubiña “David optou por fuxir cara adiante no canto de actuar con responsabilidade, admitir o evidente, dar as explicacións pertinentes sen caer na mentira nin terxiversar os feitos, e asumir responsabilidades políticas”.
Debemos insistir en que o feito de que se personara a Garda Civil non é determinante á hora de valorar os acontecementos. Aínda que a Garda Civil non se tivera presentado na casa onde vive David Castro, a festa sería igual de reprobable polo simple feito de terse realizado obviando as normas e limitacións imperantes e desprezando a toda a veciñanza ribadumiense, que nestes meses demostrou unha responsabilidade moi superior á do noso alcalde.
“Debemos insistir en que o feito de que se personara a Garda Civil non é determinante á hora de valorar os acontecementos”
Por ese motivo debemos insistir en que David Castro debe dimitir de xeito inmediato. E dar explicacións públicas, atendendo á verdade, de todo o acontecido. E o lugar e momento, salvo que acepte o que fixo e dimita, é nun pleno extraordinario, aclarando as dúbidas ante a súa forza política e o resto de forzas que representan á cidadanía ribadumiense.
Sobre a suposta acción xudicial
Ante as ameazas verquidas onte por David Castro de acudir aos xulgados polo que el considera ataques á súa intimidade, queremos recordarlle a David Castro que quen perseguiu a un concelleiro doutro partido na súa vida privada foi IR, tal e como declarou unha concelleira nun pleno municipal.
“A única persoa que sufriu ataques na noite do venres para o sábado foi Enrique Oubiña, que foi insultado e ameazado na porta da súa propia vivenda por dúas persoas que saían precisamente da casa na que vive o señor alcalde”
E a única persoa que sufriu ataques na noite do venres para o sábado foi Enrique Oubiña, que foi insultado e ameazado na porta da súa propia vivenda por dúas persoas que saían precisamente da casa na que vive o señor alcalde, que lonxe de estar sometido a ameazas, era quen tiña unha festa montada no alpendre. E foi Oubiña quen tivo que poñer unha denuncia no cuartel da Garda Civil. E tamén foi Enrique Oubiña o único en recibir ataques nas redes sociais por parte de persoas do entorno de David Castro ao longo destes días, e en ocasións anteriores.
Uns comportamentos que foron repudiados por todas as formacións políticas e concelleiros agás os de IR e o propio David Castro, que “ por certo aínda pareceu pasalo ben mirando dende a cancela como ese dous homes me insultaban e ameazaban con dureza manifesta” . Esa actitude, sendo testemuño destes feitos sen intervir, e sendo ademais persoa próxima a eses individuos que saían da súa casa, xa xustifica que se lle pida a dimisión a David Castro. Nese aspecto compartimos a opinión do PSOE de que promover este tipo de actitudes e comportamentos non pode traerlle nada bo ao noso concello.
Por suposto, se David Castro quere acudir ao xulgado, está no seu dereito, pero que lle quede constancia que a nos esas ameazas sen sentido non nos afectan, e dende logo tampouco imos mudar a nosa maneira de entender a política e defender que as persoas que teñan cargos públicos deben ter comportamentos responsables e moi respectuosos de cara a cidadanía.
Solicitude de amparo a Subdelegada do Goberno
Dende Somos Ribadumia non imos criticar a actuación policial nesa festa, pois o noso respecto polas forzas de seguridade do estado é absoluto. Pero xorden certas dúbidas con respecto á esa actuación. De partida “que non se realizara denuncia. Con independencia de que despois houbera sanción ou non a houbera, á situación debera terse denunciado, e as persoas presentes ser identificadas. Non esquezamos que todas elas estaban incumprindo a normativa , non só David Castro, nin que a raíz desa festa puidera darse un gromo de covid-19”.
“Dende Somos Ribadumia non imos criticar a actuación policial nesa festa, pois o noso respecto polas forzas de seguridade do estado é absoluto. Pero xorden certas dúbidas con respecto á esa actuación”
Por outra banda, están as incongruencias horarias e no número de persoas presentes. Mais aló do que poida dicir Enrique Oubiña, todas as persoas que estaban nas ventás e balcóns, así como outras que chegaban a súa casa desa hora, coinciden en que a Garda Civil chegou bastante despois da unha da mañá. Nos entendemos que a 01:01 xa a situación xa supón un incumprimento das normas e debería ter denuncia, pero non foi o caso, e todas as persoas consultadas din que a Garda Civil chegou despois da 01:15. E díxose que a Garda Civil chegou ás 01:05, pero nas redes, para quen queira dubidar a versión de Oubiña, circula a captura de chamada da persoa que chamou ao 062, que amosa que a chamada se realizou as 01:07, cunha duración de máis de dous minutos.
Tampouco coinciden as persoas presentes coa Garda Civil a hora de contar aos presentes. Todos eles, salvo o alcalde e as súas familia, fóronse xuntos logo de marchar a Garda Civil, e quedou patente a presenza de mais de quince persoas. Tamén circula un video onde escoita a un axente preguntando cantas persoas hai no lugar e a un home respostando que hai “vinte”.
Pola nosa banda, o que resulta preocupante é a imaxe pública que queda logo de que a Garda Civil actúe sen consecuencias na casa dun alcalde ante unha situación de incumprimento das normas tan evidente. Non podemos admitir que “a xente pense que aos alcaldes non se lles multa. A lei debe ser para todos, e cos políticos sobre todo nestas cuestións debese ter moito rigor”. Por ese motivo está maña presentamos unha solicitude de amparo ante a Subdelegada do Goberno, Dona M. Carmen Larriba García, solicitándolle que tome as medidas necesarias para aclarar a actuación policial, corrixir o que sexa necesario, e tamén que tome as medidas precisas para corrixir a imaxe de impunidade cara os cargos públicos que se deu no noso concello é que temos a certeza de que non se corresponde coa realidade.
“Pola nosa banda, o que resulta preocupante é a imaxe pública que queda logo de que a Garda Civil actúe sen consecuencias na casa dun alcalde ante unha situación de incumprimento das normas tan evidente”
Por último, queremos deixar patente que lamentamos que a imaxe do noso concello en todo o ámbito nacional logo desta fin de semana, que debería ser a dun concello capaz de organizar unha festa restrinxida pero exitosa é realizada é gozada por parte de todo o mundo sen por iso deixar de lado a precaución, se vira empañada pola mala actuación dun alcalde irresponsable.
Para Oubiña “ persoalmente neste aspecto fastidia. Agardamos o que puidemos agardar pero como formación política non podiamos calar ante semellantes feitos”.