A artista Lola Doporto, nada en Millarouso (O Barco de Valdeorras) en 1971 é autodidacta, leva pintando desde que cumpliu a maioría de idade, aínda que non foi ata 2015 cando expuso a súa obra en público. Recentemente o seu traballo poido verse na Casa de Galicia en Madrid. Rodeada dos seus personaxes emblemáticos atopamos a Lola Doporto empeñada en plasmar o seu universo nun material novo para ela: a seda.
A pregunta é inevitable. Por qué?
É un vello proxecto que por fin ve a luz. Utilizar un material nobre como é a seda e unilo aos meus personaxes, páxaros, nenas, calvas… é moi atraínte e o resultado non deixa de sorprenderme. É un novo soporte para a miña pintura.
A impresión dos seus personaxes tamén inclúe peces e medusas…
Son parte de obra inicial con fondos mariños e peces que se expuxeron na Galería Sargadelos de Ourense e aos que teño un especial agarimo.
Como xorde a iniciativa?
É un proxecto que sae adiante ao poder realizalo íntegramente no Barco. Fotografía, deseño e impresión. Teño a sorte de contar cunha empresa como “nós” na que Javier Gómez entendeu desde o principio, o proxecto e consegue resultados espectaculares coa súa profesionalidade e dedicación. O poder realizar todo o proceso no Barco é un orgullo e permíteme manter un certo control sobre todo o proceso.
Por qué en seda?
É un material nobre e que se presta perfectamente ao proxecto. Conseguímola en Italia e a composición é cen por cento seda natural en deas gramaxes distintos que permiten dúas texturas e dous pesos diferentes do pano.
Teño entendido que hai distintos tamaños…
Sí. O motivo é manter a estrutura da obra reproducida e, noutras ocasións, son detalles dun cadro, o que nos permite un tamaño máis reducido ou máis grande segundo interese.
Qué acollida espera?
Creo que será boa. Unha mostra, reducida pero significativa dos panos ensinouse a distintas persoas e a resposta foi positiva. En todo caso, é un proxecto ilusionante e merece a pena.
Son panos cálidos, coloridos…
A cor é unha constante na miña obra e interésame que a seda reflectir o máis fielmente posible os personaxes. Son panos para lucir, para proporcionar alegría ao vestilos e para gozar.
Cómo se poden conseguir?
A través dun correo electrónico hola@loladoporto.com
Colaboras coa AECC…
Desde hai tempo tento colaborar coa Asociación Contra o Cancro, na medida das miñas posibilidades. Neste caso, parte do recadado está destinado á AECC.