Ben. Trataremos de explicar como entendemos nós este problema que, de entrada, podería parecer unha afirmación un tanto arriscada. Se non estiveramos convencidos disto non faríamos a pregunta. Pregunta da que non esperamos resposta, obviamente. A nosa intención é que vdes. reflexionen sobre o contido da mesma e saquen as súas propias conclusións. Empezaremos por Madrid e remataremos en Galicia.
Dende que Podemos apareceu no taboleiro político ao diario El País entroulle unha curiosa taquicardia. Non foi quen de conterse; un día si e o outro tamén ,vénlle dedicando unha media de dous artigos diarios sempre con tinturas negativas.
A pregunta que nos podemos facer é: Quélle fixo Podemos a El País para que os seus articulistas “máis preclaros” se alporizasen desa maneira coa chegada de Podemos? Antón Elorza, noutros tempos declarado comunista, afirma que os de Podemos son uns descerebrados; que están cheos de odio contra o PSOE. Isto non pode valer igualmente para explicar o posicionamento de El País contra Podemos?
É certo que ao PSOE lle foron caíndo polo camiño as letras S e O. Lembremos aquel congreso socialista no que Felipe González puxo como condición, retirar a palabra marxista que aparecía nos documentos do Partido, para seguir sendo Secretario Xeral. Efectivamente, nos gobernos de González atopamos “socialistas-marxistas” confesos coma Solchaga. Corcuera, Boyer, Solana, …
Foi Felipe González quen aceptou unha bárbara reconversión industrial para entrar en Europa que os galegos sufrimos especialmente. Daquelas augas veñen os lodos que hoxe están asolagando aos nosos sufridos gandeiros, aos produtores de leite, aos nosos asteleiros, a nosa pesca.
Dende sempre o PSOE e El País déronse as mans. O defunto Haro Teglen, deixou dito : “o fenómeno clave da transición é a baixada de pantalóns ideolóxica dos intelectuais adscritos á nómina de Polanco e aos presebes políticos do PSOE. Cara e cruz dunha realidade que só favorece aos IBEX-35, non aos cidadáns de a pé que utilizan o autobús a diario”.
Hoxe sabemos que a esquerda representada pola sociedade soviética e China fracasou. Os seus apoios científicos fallaron. Isto foi aproveitado polo capitalismo máis inmisericorde para entrar a esgalla nas nosas vidas. Agora xa non lle temen ao coco do comunismo; agora é o mercado, abrazado tamén pola esquerda actual, quen manda.
Os medios de comunicación nas máns do IBEXD-35 encárganse, cal sutil alucinóxeno, de preparar o terreo. A toxicidade dos actuais medios de comunicación (por terra , mar e aire), agás honrosas excepcións , penetranpaseniñamente nas nosas mentes coma unorballo que, sen decatármonos, nos enchoupa. Aquí ninguén se preocupa por esta deriva social á que nos enfrontamos.
O capitalismo consumista que domina o mundo lévanos ao desastre como civilización. O esgotamento dos recursos, a contaminación galopante, a perda da biodiversidade (todo isto xa denunciado polo Papa Francisco) non teñen saída a medio nin longo prazo. A civilización capitalista camiña cara a súa ruína inevitable. Hoxe o sentido da moral é substituido polo mercado. Desaparece a solidariedade, o espírito de colaboración para resolver as necesidades máis apremiantes de millóns de seres vivos que non teñen horizonte cara ao que camiñar. Desaparece o sentido da xustiza, da honradez, da honestidade. Todos os nosos esforzos como persoas teñen como obxectivo o afán de lucro; a búsqueda do beneficio económico a calquera prezo.
Estamos condeados a asulagarnos nesa sociedade hedonista, sen alma, que nos leva a unha profunda alienación, co anzol do gran trunfo económico e da diversión continua. Isto ou declarar a nosa máis enérxica rebeldía. Xa non se trata só de apoiar opción políticas máis ou menos decentes; trátase dun cambio total de civilización.
Chegados a este punto volto a erguer a bandeira da educación, da formación cultural que esteamos dispostos a ofrecerás novas camadas que terán que se enfrontar a unha sociedade miserable en canto a valores morais. Os colexios, os institutos, as universidades están chamadas, e teñen a obriga de non facer oídos xordos, diante deste futuro tenebroso que nos agarda, sobre todo aos nososmozos e mozas que terán que facerse cargo e resolver este tremendo problema social. Os centros educativos son os encargados de dotar de ferramentas axeitadas aos futuros cidadáns para que sexan quen de negarse a que lle inoculen o chip do capitalismo salvaxe; a que sexanquen de separar o trigo da cizaña que os medios de comúnicación trataran de venderlles como bálsamo de Fierabrás.
Estamos diantedunhacivuilización perdida.O tema económico que utilizan para mellordomarnos non é a causa senón o efecto; a causa é a falta de valores que arrincaron das nosas mentes cos seus plans inmisericordes; só pensados para aumentar o dominio das nosas vidas.
Está claro que o plano voltaráselles en contra. Isto non é defendible a longo prazo. Algo terá que ocorrer para darlle volta coma a un calcetín.
Falaba ao principio da posición adoptada por El País como medios de desinformación, ou de información tendenciosas que tanto monta… (senesquencérmonos de La Razón, do ABC, etc.). Pero podemos falar dos medios que aquí, en Galicia, traballan prodomosúa , que dirían os clásicos. Medios que non teñen apenas escrúpulos en sobredimensionar calquera pequena raxeira que atopen nas formacións políticas que non lle bailen as súas grazas. Trátase de defender o penso e os presebes dos que actualmente, dunha maneira escandalosa, se nutren. Nesta guerra pola súa subsistencia todo vale. A desinformación ou a información manipulada e debidamente condimentada é o seu santo e marca. Hoxe ninguén pon en dúbida que a derrota do goberno bipartito galego produciuse, que casualidade, na provincia da Coruña. Durante a xestión do concurso eólico un membro do goberno, convidado a unha reunión especial na Coruña, tivo a “ousadía”, tal cousa fixo, de manifestar que se alguén quería mandar en Galicia que se presentara ás eleccións. A resposta dos prebostes que alí o citaran non se fixo esperar: atento ásconsecuencias. Máis claro auga.
Dende ese momento desatouse unha guerra de infundios, medias verdades, falsedades, etc. que todos coñecemos. Hoxe estamos, estamos chegando en breve, a un momento como aquel se vdes. permanecen atentos ás pantallas e as mensaxes dos medios diarios galegos, sobre todo, vanse decatar, sen moito traballo, de como precociñan os resultados electorais cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Hoxe xa podemos asistir a un curioso modelo de información. Un xornal da capital galega cando ten que falar do Alcalde cidade fala do Alcalde 2.0. Ninsequera, cando se mete con el, ata no carnet de identidade, utiliza o nome do rexidor compostelán. Por qué?Preguntaranse vdes. Moi sinxelo. Este alcalde, que se chama MartiñoNoriega, atreveuse a informar que el non ía pagar nada aos medios para que falaran ben del. Tal cousa fixo!!Hoxe para ese medio é o Alcalde 2.0.
Pero isto é só un botón de mostra. O mellor está por chegar. Cando se resolvan as cousas en Madrid, dunxeito ou doutro, e cando se convoquen eleccións autonómicas prepárense que a artilleríaxa leva tempo preparada. Non importa que sexa certo ou mentira. O obxectivo é que os conservadores non perdan o Poder. Serían moitos millóns de euros anuais que non entrarían nos seus petos. Isto, obviamente, para un medio que lle importa un carallo a información correcta e decente, é algo que non están dispostos a perder.
Pepe Mújica declaraba nunha entrevista que o primeiro requisito da política é a honradez intelectual; se esta non existe todo o demáis é inútil porque a longo prazo non hai mellor linguaxe que a verdade. Claro que Pepe Mújica era doutro planeta. Non vivía nun palacio; tiña un coche cun montón de anos; dedicábasea cuidar da súahorta, etc. Unha rara avis que é inaceptable para esta sociedade de consumo e de despilfarro.
Mentresaceptemos que o mellor é ir de compras aos grandes almacéns. Mercar todo tipo de cousas aínda que non as precisemos para nada. Aceptemos como válido que sempre houbo pobres e ricos e asídebe continuar o mundo porque iso favorece a competición entre os individuos. Claro que non nos din que lle facemos (mellor, que lle pensan facer) aos que perden. Algo xa sabemos. Vexan senon estes días como tratan aos miles de refuxiados vítimas das guerras provocadas polas empresas que logo venden as armas mortíferas que aí se utilizan.
Os refuxiados, sen pretendelo, están sendo unha proba irrefutable de que esta civilización non ten saída. Confesan que non atopan unha solución acaída para solucionar este tráxico problema humano. Teñen razón. Non poden atopar unha solución nesta sociedade que eles mesmos defenden. Non é que non atopen solución é que non hai solución no seu modelo de civilización. Pepe Mújica, dotado cos medios que os dirixentes europeos posúen, tiña arranxado o problema sen despeitearse.
Neste mundo sen alma non hai lugar para os indefensos; só cando poidan ser explotados e sexan produtivos serán tidos en conta.
Sexan felices se poden. Pero ollo aos somníferos que diariamente nos subministran.