Santiago de Compostela | Manuel Martín solicitará unha xuntanza c@s líderes/as dos 3 partidos da oposición no Parlamento de Galicia.
Actuaremos activamente en Prensa e nas Redes Sociais. Moncho Veras realizará un blog para ter referencias de cara a Manifestación.
O proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde, entrou na Mesa do Parlamento o día 7 de decembro!!!!!! Temos ata o 20 de decembro para presentar as enmendas a totalidade. Teñen pleno o 23 de decembro pero non entrará nese pleno…….
As Plataformas, teñen ata o 12 de xaneiro do 2018 para xuntarse e decidir as actuacións que van facer. Manuel Martín, farase con todolos correos e fará un documento tipo, para que fagan uso del, ás Plataformas.
Concentracións de todalas Plataformas do día 24 de xaneiro do 2018. Cada unha na súa localidade. Acordarse de pedir os permisos na Subdelegación do goberno para as Concentracións e a Manifestación do 4.
Faremos unha concentración, diante do Parlamento, ó día que entre no pleno.
Rolda de prensa o 16 de xaneiro do 2018, no Centro Socicultural de Fontiñas en Compostela (xá está reservado).
Estará elaborado o cartaz e o argumentario para entregar a todalas Plataformas. A diputación de A Coruña non se fai cargo deste tema.
Falado con Flora Miranda para conseguir a megafonía do Concello de Compostela para a manifestación do 4 de febreiro 2018.
Veremos a posibilidade de cuñas publicitarias.
Ter entrevistas cos Concellos e as Diputacións para preparar a loxística da manifestación: autobuses, etc.
Posibilidade de facer Vídeos de 1-2 minutos e metelos nas redes.
Falar con Nos Tv para os video blogs.
Pensar en algunha persoa para ler o Manifesto.
Valorar Magi Blanco (canción: “comisión de apertas”).
Facer un Grupo de correo electrónico da comisión.