A Guarda | O pasado sábado día 11 de xuño o Estadio Municipal da Sangriña acolleu a clausura da tempada para as categorías de fútbol base ou futbol-8 do Clube local Sporting Guardés.
Unha xornada de convivencia para as categorías Mini, pre-benxamín, benxamíns e alevíns que contou coa participación de preto dun cento de nenos e coa que se despide a tempada en familia.
Un dos momentos máis agardados foron os partidos de pais contra fillos, onde a ilusión e a deportividade sempre se poñen de manifesto.
Non faltou nesta xornada a música, os sorteos e a entrega de agasallos e diplomas para todos os nenos, participando o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, que aproveitaron a oportunidade para por en valor o traballo que se realiza dende o clube local do Sporting Guardés para inculcar aos máis pequenos os valores propios do deporte, así como para animar a todos os nenos e aos pais para que continúen realizando deporte como hábito de vida saudable.