Mondariz/Sumar Galicia | A Portavoz de Sumar no Congreso, Verónica Barbero, e o portavoz municipal e ex alcalde de Mondariz, Xoan Carlos Montes “Calis”, mantiveron este mércores unha xuntanza de traballo para coñecer de primeira man algunhas necesidades das vilas e concellos rurais do País. Barbero puxo a disposición de Alternativa por Mondariz, e de calquera outra agrupación municipalista do País, “todos os recursos e respaldo político de Movemento Sumar” para dar traslado das súas necesidades e iniciativas ao Congreso, ao Parlamento Europeo, e ao Goberno.
“Estamos en Mondariz falando das necesidades do rural, porque Sumar Galicia está aquí tamén para representar ás vilas e concellos máis pequenos do rural do noso País” indicou Barbero.
Unha das medidas das que se dará traslado de maneira inmediata é a solicitude de reducción do IVE para obras de rehabilitación do patrimonio. Na actualidade existe un IVE reducido do 10% que só se aplica ás obras de rehabilitación de vivenda. Este beneficio inclúe os traballos, materiais, mobles, servizos… Calquera outra obra ten un IVE do 21%. Con esta iniciativa, quérese instar ao Goberno do Estado a que este tipo reducido tamén se aplique ás obras de restauración e rehabilitación do patrimonio cultural (bens declarados BIC, bens catalogados ou con protección legal xenérica), para incentivar a súa conservación e recuperación por parte dos propietarios.
“Falamos con Sumar para dar traslado ao Congreso dunha medida encamiñada a axudar a aqueles propietarios de patrimonio, que son moitos no rural, para que lles sexa máis fácil cumplir a súa obriga de mantelo, e que sintan que teñen ese apoio por parte do Estado” sostén Calis. Con esta iniciativa facilitarase o cumprimento da obriga de manter o patrimonio, dando así pe á súa utilización para aproveitamentos públicos e un turismo cultural máis sostible.
Así mesmo, inciaranse traballos e contactos encamiñados a reformar a Lei de Bases de Réxime Local para favorecer a gobernabilidade dos concellos, evitando que motivacións políticas paralicen a actividade ordinaria. “Non pode ser que os alcaldes sexan votados pola corporación e despois se lles aten as mans para gobernar. Ten que haber un control do pleno, claro, pero non pode ser que a oposición decida a quen se lle paga, cando se lle paga e cómo se lle paga” afirmou Calis.
As propostas irán enfocadas a facilitar que incluso estando en minoría, un goberno municipal poida garantir un mínimo de suficiencia no seu funcionamento, de tal maneira que os gastos de fundamentais, e suministros, servizos básicos esencias, etc poidan ser abonados , especialmente cando se trate de provedores PEMES e autónomos.
“Máis aló de cuestións políticas alleas á realidade dos concellos, queremos garantir o funcionamento mínimo e evitar que sexan un impedimento para a súa vida ordinaria, xa que este secuestro acaban por sufrilo os veciños e veciñas” indicou a portavoz.
Esta é a primeira dunha serie de visitas que Movemento Sumar Galicia realizará por todo o País para coñecer as necesidades das vilas e concellos rurais, e así darlles traslado ao Congreso.