Monforte de Lemos | O Concello de Monforte, informa de que dende o vindeiro luns 16 de xaneiro, non será posible utilizar os aparcamentos laterais da rúa Curros Enríquez. O motivo é debido ós traballos de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento de Monforte.
E en concreto, esta actuación prevista para a vindeira semana, lévase a cabo nunha rúa de titularidade municipal que non require permiso de outras administracións, tan só do concello monfortino, o cal permite axilizar e avanzar nos traballos de instalación de dita tubaxe.
Deste xeito, a Policía Local procederá a colocar a correspondente sinalización e informar ós veciños da rúa mediante carteis, da prohibición de aparcar na mencionada rúa, a ambos lados da mesma. A previsión é que os traballos se desenvolvan o longo de toda a próxima semana. Tamén se prevé que poida haber algún corte ó tráfico de vehículos, pero en momentos moi puntuais.
O alcalde, José Tomé Roca, salienta que “esta actuación, que sigue o seu curso tras ser iniciada no pasado mes de novembro, supón un antes e un despois na mellora da rede xeral de abastecemento de auga de Monforte”, e recorda que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable”.
Estes traballos iniciáronse a finais do pasado mes de novembro de 2022, e consisten dotación dunha nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, cun investimento de 1,7 millóns de euros.
O inicio das obras tivo lugar na zona do Campo de fútbol de Ribasaltas, e a obra vai avanzando en dirección á cidade, dende os depósitos do Cornado, e vai desenvolvéndose por tramos.