Sempre queridos cuñados Pepe e Paca Couñago Míguez, nistes momentos de fonda doenza física e moral, por causa da saúde, estamos convosco agora e sempre con tanta vontade, solidariedade e agarimo familiar.
“Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a probeza i o delito”
MANUEL MARÍA, Cantos rodados pra alleados e colonizados, col. “ Alexandre Bóveda “. Edicións Xistral, Pontevedra 1976.Páx. 7.
UAH ! Lalalalalailala, uah lalalalalailala Uah lalalalalailala, uah lalalalalailala
Viva a Cruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra, e que vaian pro carallo
Os ladrós da nosa Terra.
UAH lalalalalailala, uah lalalalalailala Uah lalalalalailala, uah lalalalalailala
Este pandeiro que toco por moito que repenique Non teñas medo que rache Que é de coiro de cacique.
UAH lalalalalailala, uah lalalalalailala Uah lalalalalailala, uah lalalalalailala
Para peixe fresco Vigo, Para chocos Redondela de Galiza, Para camaróns Moaña, Pra caciques Pontevedra.
UAH lalalalalailala, uah lalalalalailala Uah lalalalalailala, uah lalalalalailala.
www.letras.mus.br/suso-vaamonde/uah/.
Co gallo dun recital que fixo na Praza da Ferreiría de Pontevedra no 1979, e no cantar o devandito e popular Uah, din que levado polo veemente ardor do público presente na mesma praza e no momento, engadiu-lle na cántiga aquela sonada e vella estrofa pòpular :
Cando me falan de España
sempre teño unha disputa
que se España é miña nai
eu son un fillo de puta.
Que pagou cun longo e penoso exilio en diferentes paises europeos, rematando en Venezuela. Nun intre que posteriormente tíven de parolar con el, preguntándolle pola inxuriosa estrofa, segundo as autoridades do estado, por boca africanista militar, dixome que nunca a cantaara, foi a xente quen o fixo e coreou. For como for, el pagou moi caro pola mesma. Cunha forte dignidade de galego, membro do pobo labrego, mariñeiro, emigrante, de mulleres admiraveles,de mulleres de sempre na sua história motor e pilar do país, feita de duro traballo, de sacrificio, de loita pola vida, de iniciativa e folgos, que a inmorrente Rosalia de Castro, con tanta sinxela como dramática realidade retratou, na sua universal poesia de queixa, de denúncia, na maior parte, da sua precursora literatura, polo trato que ricibia e ricibe infelizmente ainda hoxe a Galiza, por persoas alleas e próprias, somentes de casta traidora. Que renegan da fala. Suso, galego rexo, desinteresado, humilde e valente, onde certos persoeiros da profesión, das inquedanzas, fixorense o louco, por non dicir o parvo, namentras artistas da veciña Portugal, puxeronse ao seu carón, con solidaridade e agarimo de irmáns, de lingoa, arte e territorio, que o Minho non separa. Como interesadamente pregoan os centralistas de Madrid.