Compre dicir claro e rotundo que el foi o primeriro preso político que tivo a sonada e maquillada transición do 1978. A mesma que lonxe de mudar e evolucionar en liberdade e democrácia, cada vez vai pior en tódolos sensos, pior para todos os españois en xeral, e en particular para as nacións sen estado de Galeusca, que padecen unha teimosa represión de séculos de dominio, de colonialismo castelán.
Suso naceu no bairro de Regodobargo, parroquia de A Ínsua, concello de (1) Ponte Caldelas, o 20 de nadal de 1950, e finou o 16 de febreiro do 2000, en Vigo, a causa como el somentes dicia do “bicho”, e dicir do cancro. Fermoso logar Regodobargo, no meio da natureza, regado tanto polos rios Verdugo como Oitavén, onde nas augas do mesmo foron botadas hai vinte anos as suas cinzas. Moi preto de Redondela de Galiza e de Soutomaior, que a min encantame visitar, gozar e ollar. Onde sua nai dona Araceli Polo, foi mestra de escola, o pai Jesús Vaamonde Campos, empregado dos Almacéns Rocafort de Pontevedra, de mordaz e fina retranca, “ comunista que lia o ABC, e unha nai irredutible e de armas tomar “. Afirma Miguel Boó. Ambolos dous tivemos a sorte de coñocer, de tratar fora e dentro do seu fogar da rúa Pizarro de Vigo. Suso foi o maior de sete irmáns, tres mulleres, e catro homes, todos eles ceibes e progresistas.
Polos sabidos atrancos que teño no dominio escrito do idioma galego, como eisi no catalán, vou tentar de ser breve e veraz. Nós a muller Vitoria e eu, coñocemos a Suso nun recital seu, que deu a Basilea, que mais tarde repetiu noutra xira pola Suiça adiante e migrante, ateigada de galegas e galegos, algúns membros do GGA-Grupo Galego de Aarau, e doutros centros e irmandades, espallados polo país ou Confederación Helvética. Veu acompañado de Xuli, segunda compañeira, e do xoven fillo Xesús, fillo da primeira muller, que mais tarde atopei algunha vez traballando na desaparecida A Nosa Terra de Vigo.
Agora sei casado e afillado, e residindo nas Canarias. Malia os intentos que teño feito non puden contactar con el, nin tampouco participou no acto de homenaxe ao esgrevio pai, que se lle fixo finalmente en Regodobargo, no seu vinte cabodano do seu pasamento, o domingo, 16 de febreiro, que podemos considerar entre lusco e fusco, pola moita choiva que caia, deica dias. Que malia todo o acto moi participado por familiares, amigos, artistas, e vellos compañeiros de andaina músical, de arelas e soños. Nós cos cuñados Sesa e Ducho, tamén tivemos a ledicia de participar, de escoitar e aplaudir con forza a : Mero, Manuel Dopico, membro de A Quenlla, pola Roda, Alfredo, Pepe Iglesias por Buxán, Miguel de Combarro, as Pandereteiras de Regodobargo, etc. Luis Vaamonde con fonda estrondosa voz, voz de trevón, similar ao do finado irmán, amenizou a mesa- “sobretaula”. A cerimonia foi orgaizada pola Aurora Garrido,veciña do logar, asemade concelleira do Concello de Ponte Caldelas, e presentada polo actor polivalente Antonio Durán “Morris”. Onde música, cántigas, folclore, humor e troula, e unha morea de sentidas verbas en galego foron de rigor e calidade. Denantes se lle adicara un homaxe floral no rio Oitavén, onde se espallaron as suas cinzas, hai vinte anos. Mais tarde se inaugurou a Casa do Pobo de Regodobargo, que deica agora leva o seu nome, que malia o atraso o teña mais que merecido.