(1) Sen saber moi ben se Regodobargo, era aldea ou bairro, chamei ao Concello, e xentilmente unha moza en galego, decontado aclarou-me a dúbida.Obrigado.
De Wikipedia collo emprestada unha opinión sobor de Suso, que atopo moi e moi axeitada e precisa, o seu traballo de cantautor e promotor, foi triple: defensa dun pobo, dunha terra e dunha lingoa. A partires dos anos mozos, que agroman no seu da Asociación Cultural de Vigo, da cal nacen e medran os grupos musicais Os Copens, Marco Balorento 1966, para mais adiante entrar en “Voces Ceibes”, movemento que podemos considerar similar ou parecido a catalana Nova Cançó. Onde paseniño cal constante formiga vai artellando todo un feixe de iniciativas no campo das letras,música, cántigas, recuperando folclore e vellas cántigas, alentando de paso e sen fatiga novas promesas, artistas, grupos musicais como foi A Roda, no que participa o irmán Luis, creando a discográfica Trebón. Todo e mais o fixo a maioria das veces de xeito desinteresado, de balde, el nunca foi amigo do poder, nas suas variadas polas, nin dos pesos, el era un idealista de esquerdas, sen billete de militante, era un home ceibe, independente e critico. Suso segundo di e eu comparto Miguel Boó : “ era un home alegre, positivo e soñador “. Que lle encantaba mesturarse co pobo, nas tabernas e furanchos do país, e guitarra en mán botar unha cántiga en coro se cadraba, cun grolo na gorxa. Magoa que toda ista limpa traxectoria veu perturbada polo incidente de Guimarâes / Portugal, onde segundo din Suso, acusara a Benedicto de confidente da PIDE portuguesa. Sen podelo rebater con probas esmagantes e oficiais, de ali naceu unha lenda desgraciada de xenreira, que o marcou inxustamente tódola vida. Segundo o meu subxectivo parecer.
Sexa como sexa eu sempre o ademirei, e o ademiro sen mais. Se cadra diferente e superior a Lluis Llach, Raimon, Guillem d’Efak, Paco Ibáñez, M. Del Mar Bonet, Marina Rossell, Georges Moustaki, do occitano Georges Brassens, Milva, Dalida,Luigi Tenco, Mina e o armenio galo Aznavour, todos eles adulados cantantes de protesta social, musical e arranxo. Que el lle engadiu arte e compromiso insubornável, compromiso coa Galiza interior e emigrante, da diáspora universal. Foi unha ialma irrepetible, sinxela, digna o mais dos precursores, aqueles devanceiros que reivindicaron e loitaron polo rexurdir do país, sempre castrado, pero ainda por sorte non domado. Malia Feijóo e santa compaña do ppg, que coa excusa do seu trilingüísmo está matando o galego, cada dia son mais as crianzas que falan “castrapo”. Unha fala que non se fala, non ten futuro.
Por iso o 12 de novembro do ano 1999, en Salvaterra do Minho, na raia, ao carón dun bo grupo de irmáns da emigración na Suiça – lembro Antón R. Castro, Manuel Neira, José Cougil e Xosé Leirós, etc. -, participei na despedida, un adeus que foi masivo e entusiasta, de tres milleiros de mulleres e homes, de vellos amigos da profesión, fixemos-lle unánime mostra da nosa plural amizade, agarimo, e agradacemento, por todo o feito e creado pola Galiza, pola sua transversal galeguidade, por enriba da sectaria política, somentes escarnida e marxinada por iñorantes de fora, e propios que renegan das raigañas, dos avós, sonche criados do amo, que se avergonzan da lingoa, da lingoa galega para falar castelán, porque eisi facendo pensan que gañan mais alcume e poder. Probes tiriteiros. Non saben ou non queren saber, que o amo, nas espaldas os desprestíxia e se mofa deles.