Suso Vaamonde na lembrança

Por: Pere-Albert Barrufet-Couñago

COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TUA?

No cativo marco do Covid-19, confusa pandemia que o “Gobierno de España”, xestiona fatal, de maneira irresponsable. Moita palla oficial, pero pouco grao. Namentras con empatia e solidaridade de xubilado e enfermo, quero manifestar o meu mais obrigado recoñocemento a todo o persoal, mulleres e homes do Sergas, pola impagable laboura profesional e humán que fan encol da xente, malia a Xunta e os seus retallos, e derivacións na privada.
Material e retrincos consultados :

SUSO VAAMONDE VOZ DE TREBÓN O Músico rebelde que popularizou a poesia galega Salvaterra de Miño Miguel Boó Edita : Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo, S.L. Polo momento que eu seipa, é a única biografia que hai nas librarias. Que atopo digna de louvanza. Libro que podedes mercar sen mais na Libraria A Carambola de Reboreda, coa axuda do profesional e amigo Javi. Primera biografia autorizada del músico Suso Vaamonde. Miguel Boó hace un nostálgico retrato de la historia de la “ Voz de trebón “ // Fue uno de los artífices de la Nueva Canción Gallega. www.elcorreogallego.es.

Suso Vaamonde, un verso solto entre os cantores, puxo a poesia galega ao alcance de todos Miguel Boó Mundodiario. www.mundodiario.com.

MANUEL MARÍA Asociación Cultural Xermolos Xunta de Galicia Dirección Xeral de Política Lingüística.

Suso Vaamonde na memoria. Francisco R. Pastoriza / El Sábado núm. 1159 Faro de Vigo sábado, 15 de febrero de 2020.
A casa do Pobo de Regodobargo levará o nome de Suso Vaamonde A Nova Peneira Xornal galego de Información Xeral Ano 9-núm. 117 Xaneiro 2020.

XX Anos sen Suso. O concello de Ponte Caldelas homenaxea a Suso Vaamonde / Reportaxe de A Nova Peneira febreiro 2020. Compre dicir que este xornal é de tirada mensual e gratuita. Como é tamén Novas do Eixo Atlántico www.novasdoeixoatlantico.com.

Filla de Medea A LUZ TÚA Marta Dacosta sábado 22 de febreiro de 2020. Nós diario opinión. Persoalmente e sen ningún cativo ánimo, pareceu-me pouco ista columna adicada a Suso, creo que merecia un espazo mais extenso. Amigos de Nós, parabéns na vosa andaina de xornal en galego, que hai que mellorar. Xa sabedes que estou deica sempre ao voso carón.

Biografia es.wikipedia.org/wiki/Suso_Vaamonde. El municipi ret un homenatge a l’artista al 20 aniversari de la seva mort-Representants del món cultural acudeixen a un acte que va reunir més de 300 amics. Diari de Girona.

E o alba nunca chegou 27.02. 2020 www.farodevigo.es/cartas. Unha carta moi sentida e inspirada, que me emociona e comparto de seu.

Suso Vaamonde Polo, más conocido como Suso Vaamonde. es.wikipedia.org. Libro sobre Suso Vaamonde A historia do cantor que se exiliou do Réxime do 78 www.nosdiario.gal.

Andrés Couñago Laxe Para dias coma os que estamos a vivir e pola … www.facebook.com/andres. Bo e xeneroso amigo de Reboreda. A “Reboraina” maxistralmente descrita por Don Ramón Otero Pedraio, catedrático, xeógrafo, escritor e político galeguista. Parroquia de Reboreda, unha das mais pobladas de Redondela, atendida deica tempo espiritoalmente con sensibre humanidade cristián, por Carlos.

E remato con “Suso Vaamonde opinións” susovaamonde.com/opinions. Que estou matinando de transcribir, imos ver :

Sempre estaba disposto a colle-lo coche, ainda que fora pagando el a gasolina, a guitarra e a voz para ir a cantar a calquera sitio. A súa disposición era total.

Nunca quixo facer florituras coa canción. Para el cantar era coma un combate primario. Xosé Lois Rivas, “ Mini “ ( músico ).

Amosou sempre unha coherencia que eu admirei na defensa e dignidade dun país e da fala. Baldomero Iglesias, “ Mero “ ( músico ).

Temos o exemplo de Suso Vaamonde. Agora fanlle homenaxes e vanlle a dedicar unha rúa, cando en vida non se lle recoñeceu, como se merecia, o traballo que fixo. Foi o máis grande expositor dos galegos. Urbano Cabrera ( músico ).

Dia a dia, acto a acto, preso a preso, folga a folga foinos acompañando sempre no lugar preciso e sempre acudindo as chamadas populares, nacionalistas e proletarias. Era bon e xeneroso, entusiasta e activo, artista total e cheo de xenerosidade. Xosé Lois Méndez Ferrín ( profesor, escritor e xornalista ).

Unha perda para Galiza. Del quedounos a súa voz gravada, e unha rúa en Salvaterrra de Miño, e a lembranza entrañable, exemplar, do home e do artista. Xosé Neira Vila ( escritor, poeta e politico ). Autor do libro entre moitos : “Memorias dun neno galego”, sendo o mesmo un dos mais editado da lieratura galega.

Los discos de Suso permanecerán para siempre, mal que les pese a sus enemigos. Era, cariñosamente dicho, un cabezudo, un rebelde que no dio el brazo a torcer. Uno de los que preconizaba, aunque no lo dijera, que más vale morir de pie que vivir de rodillas. Bibiano Morón ( ex-Voces Ceibes ).

A los dos nos tocó pagar un precio muy alto por el hecho de cantar y por respaldar nuestros textos con una actitud personal desafiante. Para mi, Suso Vaamonde siempre será un joven rebelde, con una canción agresiva. Asi es como lo recuerdo. Xerardo Moscoso ( ex-Voces Ceibes ).

Ninguén fixo tanto pola música de nós como Suso Vaamonde, sacrificando mesmo a súa liberdade persoal e tendo que viver a amargura do exilio político. ( … ) A súa capacidade de comprensión resulta verdadeiramente exemplar. Manuel María ( escritor, poeta, libreiro e político ).

A síntese da identidade de Suso Vaamonde espigase nos apelativos que lle deron sona : trobador urbano e voceiro cívico das arelas colectivas dun tempo vougo de xusticia, de progreso e liberdade. Camilo Fernández Valdehorras ( escritor ).

Suso Vaamonde foi loitador e a primeira persoa que me falou de nacionalismo. Xosé Antonio Perozo ( xornalista e escritor ).

Un gran amigo, boa persoa, sempre peocupado por Galiza e defendendo os seus valores, nunha época na que a xente os intentaba anular. Levou unha coerente e morreu coa mesma coerencia. Luis Ferreiro ( presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro ).

Mantivo sempre a súa ética, e creo que a súa contribución a música será revisada detidamente agora tra-la súa morte. Antón Seoane ( músico ).

Suso Vaamonde foi un pioneiro da canción en galego en momentos difíciles, e lle debemos respeto e admiración por eso. Era un bo tipo, un tipo entrañable, boa xente. Antón Reixa (músico).

É un home impotante, un artista fundamental, un loitador e un gran resistente, que aportou unha renovación a canción infantil. Vencelleu a literatura galega co pobo. Era un traballador da sua arte e morreu traballando. Bernardino Graña ( escritor ).

Era unha persoa entregada a causa con maiúsculas. Quixo mostra-la cultura galega en tódolos ámbitos e dar a coñoce-la poesia de moitos dos principais escritores da nosa lingoa. Deixa un oco difícil de encher. Pilar Martínez, “ Pilocha “ ( música ).

Con el aprendín moitas cousas. Aprendín sobre todo a condición de paisano, o tremendo corazón que tiña, que lle permetía fluir como cantor para estar entre a xente do país, que para min é o fundamental. Tino Baz ( músico ).

A súa perde vaise notar moito porque somos moi poucos cantautores. Eu chamáballe o pai dos cantautores galegos. Xoán Eiriz ( músico ).
Me comunicou que tiña cancro, foi unha conversa de despedida. Sinto moito a súa morte e síntoo tamén porque Galiza ten que coidar mellor os seus fillos. Amancio Prada ( músico do Bierzo ).

Suso Vaamonde era o entusiasmo. Coñecino no 75, en Vigo, nun recital no colexio dos Xesuitas. Xa

entón era incansable. Víctor F. Freixanes ( escritor ).

Unha boa persoa coa que estaba encariñada, porque musicoume varios poemas e incluso me introduciu na Sociedade de Autores de España como letrista, cando eu vivia en Madrid. Pura Vázquez ( escritora ).

Era desa clase de músicos populares que non destacaron no campo comercial pero que exercen unha gran influencia no conxunto de música galega. Xosé Lois Foxo ( músico e escritor ).

Un dos grandes da música galega, un cantautor comprometido, un cantante sempre en loita, un cantautor ademais con moita vinculación co grupo A Roda. Sempre foi un factor dinamizador da galeguización do grupo e sempre tratou de levar ao grupo cancións que tíveran contido galeguista. Alfredo Dourado (músico e membro do grupo A Roda).

Certamente non podemos entender a música galega sen a súa voz profunda, sen o seu canto comprometido, sen a súa referencia musical. Foi un activista da música e un home con moi boa disposición. Uxía Senlle ( música ).

O que máis admiraba de Suso era que non sei como se arranxaba para facerse sempre cos mellores poemas antes que ninguén. Cando eu sabia do poema, el xa o tiña musicado. Agradecereille sempre terme presentado a Celso Emilio Ferreiro. Bótase moito de menos. Xosé Iglesias, “Buxan” ( músico ).

Galiza non perdeu só a unha fermosa voz e a un gran músico, senón que perdeu tamén a unha gran persoa que se a alguén lle fixo mal foi só a el mesmo, por ser como era, aberto e desprendido. María do Ceo ( compositora e fadista ).

Con su voz se fue por el mundo. Le ocurrió lo mismo que a León Felipe que el sistema le dejó sólo la palabra. Su vida ha sido la canción, dicha con aquella fuerza proletaria que puso en el verso Celso Emilio Ferreiro. Diego Bernal López ( xornalista e escritor ).

Hoxe somos moitos os que ainda temos lembranza a Suso Vaamonde e a o todos os que con el compartiron unha época tan trascendental para a cultura galega. Toniño López ( músico e membro do grupo Treixadura ).

Suso foise para sempre, pero o seu traballo e o seu compromiso coa terra quedan tamén para sempre. Martín Sanjurjo ( músico e membro do grupo Saraibas ).
Quédanos o sentimento e o necesario recoñecemento agradecido a unha das vontades máis coerentes e esforzadas da nosa cultura musical dos últimos tempos. Sempre traballando desde a humildade, desde a conciencia da necesidade dun compromiso social. Marcos Valcárcel ( historiador e xornalista ).

Por: Pere-Albert Barrufet-Couñago