O Pleno rematou ás 23:30 pola negativa do portavoz do PP, Salvador González Solla, a abandonar a sesión tras reiteradas interrupcións e faltar ao respecto
Ponteareas | O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, debeu facer uso da súa autoridade, tras os avisos pertinentes, e suspendeu o Pleno da sesión ordinaria do mes de febreiro, realizado na noite deste martes, por causa das reiteradas interrupcións, faltas á quenda de palabra e ao respecto do portavoz municipal do grupo municipal do PP, Salvador González Solla, no primeiro punto de control da acción do Goberno local, décimo segundo da orde do día, que trataba a reprobación ao Alcalde e a concelleira de Vías e Obras.
O Pleno da Corporación comezou coa aprobación das directrices sobre a consulta previa obrigatoria nos procedementos de elaboración e modificación das Normas Municipais, así coma o Plan Anual Normativo e a da Avaliación Normativa do Concello de Ponteareas. De seguido, foi recoñecida polo Pleno en acordo por unanimidade a solicitude de compatibilidade dun profesor do Conservatorio.
Deuse conta do Estado de Execución do Estado de Gastos e Ingresos do Orzamento referentes ao cuarto trimestre do 2016 e dos movementos de Tesourería. Tamén deuse informado á Corporación sobre a variación de membros nas Comisións Informativas.
Na parte sobre mocións, EU-Son presentou unha declaración para recoñecer a Ponteareas como Concello libre do tráfico de mulleres e nenas con fin de escravizalas. A Corporación aprobou por unanimidade o apoio contra a trata de persoas e a súa explotación.
O Goberno local, a continuación, a proposta da Concelleira de Sanidade e Promoción da Saúde, Vanesa Fernández, instou á Xnta de Galicia que esixa á xerencias dos centros hospitalarios un informe sobre os episodios de saturacións, previsións realizadas, recursos existentes, reforzo aportadoe outros estremos relativos, cuestión que tamén recibiu o respaldo unánime da Corporación.
A proposta do Partido Popular para instar á Deputación Provincial a dotar de herba sintética o campo de fútbol de o Cruceiro, San Mateo foi aprobada tamén co apoio de todo Pleno da Corporación.
No último punto das mocións o grupo municipal do PSdeG-PSOE, así como unha emenda de engadido de EU-Son, que foi aprobado co voto a favor do Goberno, EU-Son e ACiP, negándose o PP a apoialo, no que instaba ao Goberno de España que permita reinvestir o superávit en 2017 a través dunha autorización legal para esa reinvestimento que xurda da prórroga orzamentaria dos Presupostos Xerais do Estado.