O editorial do pasado mes de outubro falábamos de que somos o que lemos, o que escoitamos e o que vemos. Hoxe, despois das dúas desgracias destes momentos, aínda que con diferencias importantes, da DANA de Valencia e da DANA dos EEUU poderíamos dicir que o tíñamos merecido. No primeiro caso por ter apostado por políticos incompetentes e no segundo por non poñer coto a esa “DANA” política que está asulagando o mundo debaixo dun manto de supremacistas, de negacionistas, de incompetentes. Porque o que pasou en EEUU non é algo que non nos afecta, é algo que nos vai afectar, xa o está facendo, directamente nas nosas vidas. Non hai mais que observar con atención quen é e de que maneira foi saludado o novo Presidente americano Donald Trump.
Nestes momentos lémbrome dunhas conferencias organizadas polo xornal A PENEIRA cando nas primeiras eleccións do Parlamento europeo en que se falaba do intento dos americanos do norte de conseguir o que se chamaba o Acordo global comercial. Finalmente non foi adiante aínda que os promotores, apoiados na sua maioría polos EE UU, non se arrugaron e seguiron cos seus propósitos aínda que dunha maneira máis suave. Agora este energúmeno americano xa non ten pelos na lingua para falar dun proteccionismo total de todo o que sexa americano, de poñer aranceis a todos os productos que tenten entrar no mercado norteamericano de erguer un muro comercial arredor dos productos norteamericanos como tenta erguer, xa o comezou facendo no mandato anterior na fronteira con México.
Que vai pasar con Europa e Occidente cando este “tolo político” se suba ao seu cabalo comercial e trate de impoñer as súas reglas de xogo? Nada bo, por suposto. A UE xa fala de tomar medidas para facer fonte a o tsunami que se nos ven enriba. Logo de tantos anos confiando no “paraguas norteamericano”, a molladura que nos vai alcanzar vai ser de órdago. Tempo ao tempo.
A segunda desgracia actual é a DANA que asolou a terras de Levante. Aquí poderíamos ter a tentación de pensar que nada podemos facer. Agora a touro pasado obviamente, pero a nosa responsabliidade como habitantes dun anaco do Planeta que nos toca administrar xa ven detrás.
Aquí tamén están involucrados, aínda que indirectamente, o “irmán ianqui”. Porque a droga que nos suministra en forma de desenvolvemento económico e de aproveitamento da terra que nos toca administrar ten as súas raíces nese capitalismo despiadado que só pensa en disfrutar de todo o que nos rodea sexa cal sexan as consecuencias.
Non imos entrar en descualificacións políticas que todos temos claro, aínda que teñamos que asistir a declaracións realmente incomprensibles que pretenden botarlle a culpa a unha soa persoa: o presidente do Goberno central. Pase o que pase para as forzas proamercianas calquera desgracia que teñamos que sufrir sempre terá o máximo culpable: Pedro Sánchez.
O cambio climático non existe. Só é froito de mentes calenturientas que non saben falar doutra cousa. Aínda que no Levante español alguén dende as alturas nos vaia a dicir: cuidado que se non toma as medidas e seguides provocándome volvo para que dunha vez por todas deixades conscientes que a Natureza é algo tan grande que non acepta as medidas do IBEX 35. Nestes momentos temos a media España tratando de axudar a toda esa xente que se quedou na rúa perdendo todo o que tiña. Nestes momentos somos todos moi solidarios, Facemos verdadeiras heroicidades para arrimar o hombro pero unha vez pase a riada, e logo dunha inversión multimillonaria para voltar á normalidade todo voltará a ser igual. Aquí non hai culpables. Volveremos a construír edificios nos leitos das rías ou nas cañadas naturais. Seguiremos lanzando á atmosfera todas as sustancias posibles para que a SEÑORA ATMOSFERA aguante ata se se cabree de verdade outra vez e nos indique quen manda.
“Para o capital estas desgracias son oportunidades extraordinarias para engorar as súas contas de beneficios”
Para o capital estas desgracias son oportunidades extraordinarias para engorar as súas contas de beneficios. A destrución de Palestina e países veciños, a destrución destes pobos de Levante e calquera outra desgracia natural que estará ao caer en pouco tempo son estupendas oportunidades para aumentar a nosa produción de armas de guerra, para a construción de carreteiras e pontes sobre os ríos desbordados, etc, etc. que só teñen unha finalidade: engordar a conta de beneficios dos grandes empresarios que xa están aó, ollo avizor, esperando que lle digan: érguete e pon as túas máquinas a funcionar que o Pai Estado todo o paga. E así ata a seguinte.
Disculpen; non sei se o que estou escribindo pode interesarlle a ninguén pero só pretendo desafogarme e soltar esta rabia contida que me corroe as entrañas.
Pensen no Nadal. Pensen que o NENO vai ser quen de poñer todo no seu sitio. E se non é así polo menos intentamos calmar esta carraxe que nos corroe por dentro.
Bo Nadal e que os valencianos e os seus veciños afectados pola DANA poidan finalmente comer o turrón de Nadal aínda que sexa debaixo dun teito provisional que a solidariedade humana lles poida facilitar.