Vigo/CxG | Os galeguistas levaran a Madrid e a Bruxelas o necesario cambio de modelo enerxético que en Europa temos que levar adiante e no que Galicia ten que aproveitar para ser punteira nestas novas tecnoloxías.
Daniel Lago, candidato nas listas do Senado pola formación galeguista aposta por un modelo que non sexa dependente dos combustíbeis fósiles, xeralmente importados de zonas do mundo con alta inestabilidade social e política ou directamente de ditaduras onde non se respectan os dereitos humanos”.
Para o candidato ao senado, Daniel Lago: “Galicia pode ser punteira, líder no mundo, destas novas tecnoloxías, que tamén teñen que comezar a introducirse no transporte marítimo, onde vivimos nun mundo onde o tránsito marítimo é cada vez maior e do que nós, habitantes de Galicia con mais de 1200 km de costa, somos conscientes da contaminación directamente por vertidos de aceites e gasóleos nas nosas costas”.