Alcaldesa de Salvaterra de Miño desde 2019 collendo o relevo de Arturo Grandal como rexedor durante 40 anos, Marta Valcárcel Gómez (PPdeG) foi reelixida con maioría absoluta nos comicios municipais do pasado 28 de maio. Licencidada en Ciencias Económicas (UVigo), Valcárcel repasou á actualidade deste municipio.
Noraboa pola súa recente reelección, aínda que o resultado segue sendo axustado coma nos tempos de Arturo Grandal. Cal é o problema para desmarcarse dos seus adversarios?
Moitas gracias. Os nosos veciños e veciñas volveron a darnos a súa confianza para gobernar Salvaterra durante catro anos, para seguir traballando polo futuro das súas 17 parroquias. Non sei onde ve vostede o resultado axustado cando case dupricamos en votos á segunda forza política de Salvaterra e temos máis do dobre que o segundo grupo da oposición.
Por fin parece que a PLISAN se pon en movemento, aínda que os que a cruzamos teñamos a sensación de meternos nun bosque de toxo, xestas e demais herbas do mundo salvaxe. A quen lle corresponde a limpeza deses terreos?
Salvo a parte urbanizada, o resto do terreo da PLISAN é propiedade dos tres socios, Zona Franca, Autoridade Portuaria e IGVS. A zona non urbanizada está pechada ao tráfico, é dicir, cerrada.
“Se cambia a situación é posible abrir un diálogo coa Xunta de Montes”
Sabemos que nestes momentos ten un contencioso coa Xunta de Montes de Salvaterra. En principio os tribunais danllela razón aos Comuneiros. Ten pensado algún tipo de negociación coa Xunta de Montes?
Primeiro aclarar que esa sentenza sobre a que vostede fala e que está recurrida corresponde cunha parcela que non ten que ver co Polígono Industrial Chan da Ponte. En relación a Chan da Ponte, como vostede sabe o Concello ten a obriga de defender sempre o seu patrimonio, así o din os servizos xurídicos e económicos do Concello (non esta Alcaldía) e neste momento non pode negociar por algo que lle pertence ao Concello ou a terceiros. Iso non quita que se cambia a situación se poida abrir un dialogo, pero nunca antes, xa que os terreos aos que vostede se refire son a maior parte de titularidade privada e outros públicos, e sobre eles non existe ningunha sentenza.
Diante da necesaria ampliación do casco urbán considera necesario un PXOM para aclarar ben os espazos edificables? Vemos a construción de beirarrúas en dirección a Leirado. Pensa facer o mesmo nas vías de comunicación coas demais parroquias?
É verdade que crecemos, pero crecemos tanto no centro urbano como nas parroquias. Nalgún momento será necesario facer un estudo e ver a necesidade e consecuencias dun PXOM. Levamos anos traballando da man de diferentes administracións na mellora da seguridade das nosas estradas. Ano a ano estamos mellorando os servizos que lle ofrecemos aos nosos veciños e veciñas, e nese senso seguiremos traballando.
Como van as relacións con Monçâo nese espazo transfronteirizo?
As relacións sempre foron moi fluídas e estamos traballando para mellorar os servizos que lle ofrecemos aos nosos veciños. Nese senso, acabanos de vir aprobado un proxecto conxunto que presentamos de envellecemento activo e que presentaremos en breve. De todas formas presentaremos ao longo destes meses novos proxectos enfocados a potenciar a nivel cultural e termal a nosa Eurocidade.
Ademais da Festa do Viño, que outros acontecementos históricos ten en carteira para conmemorar cada ano?
Como vostede sabe, Salvaterra conta cun verán cultural que é un referente en toda a contorna. Este ano potenciamos moito máis os concertos e as actividades para os máis cativos, sen esquecernos das festas que xa son un referente como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla, O Guateque e a Festa do Viño. Pero non son as únicas accións que leva a cabo, durante todo o ano ofrecemos diferentes ofertas de ocio para os nosos veciños e veciñas.
“En setembro empezarán as obras de mellor do noso Recinto Amurallado”
Aproveite para dirixirse aos veciños/as de Salvaterra e anunciarlles algo interesante.
Seguimos traballando por mellorar o noso municipio, e así, xusto a principio de setembro empezarán as obras de mellora no noso Recinto Amurallado, co fin de seguir pondo en valor o noso patrimonio cultural. Ademáis en canto nos chegue a aprobación definitiva, xa que se nos acaba de notificar de forma provisional, empezaremos coa licitación do cambio a led de todo o municipio a través dos fondos do IDAE, máis de 2 millóns de euros para mellorar o noso alumeado. Está tamén adxudicadas xa as obras de mellora do centro de saúde que empezarán en breve.