“Quen con nenos se acosta, mollado se levanta”: argumento de peso do Sr. Conselleiro de Sanidade (Comesaña) no Parlamento de Galicia.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (que existe dende fai máis de 20 anos), é unha entidade que agrupa aos partidos políticos da oposición, sindicatos, organizacións científicas e sociais, entidades veciñais, grupos que representan a diferentes enferma/os, persoas a título individual, etc. convocamos a saír a rúa o 12 de febreiro as 12 h. dende a Alameda de Compostela ata a Praza do Obradoiro.
Razóns non faltan: o desmantelamento e a privatización da Sanidade Pública na Galiza. Ísto, que parece tan obvio a ollos da sociedade galega, á administración do PP o considera “casos illados e que a culpa é de Madrid”. E si escoitamos os argumentos, “un dos mellores” é o que encabeza este artigo.
A disculpa principal é a “falta de Médica/os”. Nos MIR 2023 ofertáronse 8.550 prazas (a cifra máis alta dende que comenzou este sistema) e presentáronse 12.250 licenciada/os. O propio sistema, déixa fora 3.700. E na Galiza, ofertou o sr. Rueda 106 prazas (sin fase de oposición), presentáronse 350 (deixou fora 244…) e só entraron 90. Está claro que a/os profesionais, nas condicións actuais de precariedade e baixos salarios, non ven o seu futuro na AP…sobre todo na Galega. E aínda temos que escoitar o sr. Feijóo: “o PP quere gobernar porque a sanidade, cando non funciona, o que fai é lista de espera. E a lista de espera é a maior privatización da sanidade”, afirmou con total desfachatez. Ademáis, estanse convocando as prazas na Galiza…das convocatorias ordinarias de 2020, 2021 e 2022 (que non se fixeron…); foron convocadas no DOG o 5 de xaneiro do 2023. Inclúen, entre outras, 150 prazas de médica/os de familia e 155 facultativxs especialistas de área: a todas luces insuficientes para as necesidades actuais.
“O PP goberna dende o 2009 en que a Débeda Pública era de 2.900 millóns de euros…no 2023: 12.000 millóns de euros… Gastaron 9.100 millóns máis do que ingresaron!”
O PP goberna dende o 2009 en que a Débeda Pública era de 2.900 millóns de euros…no 2023: 12.000 millóns de euros… Gastaron 9.100 millóns máis do que ingresaron! Cada orzamento anual na Galiza, é de 11.000 millóns de euros: a pregunta do millón é: que se fai con estes cartos? Que hai máis importante que a saúde da poboación?
Dinos o ínclito Comesaña cando se reuníu con algúns/as alcaldes/as de Pontevedra: “é un tema partidista, meramente político”…e atrevéuse a censurar o manifesto que fixeron, “por non citar ó Ministerio de Sanidad”…coma sempre, a culpa é doutra/os! A/os alcaldes, reclamaban do Goberno Galego unha “mellora das condicións laborais do persoal sanitario e a mellora da rede de centros da nosa área: sabemos que faltan médica/os, sabemos como a xente está a peregrinar entre municipios buscando traballadora/os sanitaria/os, centros nos que poidan ser atendida/os”…e nós lle dicimos: as competencias en Sanidade son totalmente da Xunta do PP!
“Os últimos datos de listas de agarda no Sergas, están en 75 días para operacións e de 55 para consultas especializadas”
Os últimos datos de listas de agarda no Sergas, están en 75 días para operacións e de 55 para consultas especializadas. En AP, o propio Sergas admite que o 13% das citas de AP tardan máis de 4 días. E sin contabilizar xs pacientes de: “xa lles chamaremos”. Estos datos incumplen a propia Lei elaborada polo PP de “Garantía de prestacións sanitarias”. Pouco lles importan as propias Leis cando non lles favorecen!
E que ocorrencia tiveron esta semán? Intentar eliminar a dedicación exclusiva da/os Médica/os, para favorecer o traballo da/os mesma/os no sector privado. E nós lle dicimos que: trátase dunha actuación negativa (e ilegal) e que só tendrá beneficios para as empresas sanitarias privadas, é dicir, un paso máis na privatización do sistema sanitario público. O de que xs Médica/os “se xubilen os 72 anos” é xa esperpéntico!
A responsabilidade da xestión recae na/os administradora/os do Sistema Sanitario, pero sorprende ver que “O gasto militar español para 2023 será de 27.617 millones de euros. A partida supera incluso o 2% que esixe a OTAN. O orzamento do Ministerio de Defensa para 2023 aumenta un 26%. Datos como éstos, crean alarma social.
Que non se dediquen os cartos que se precisan ó ben máis preciado que temos, que é a saúde, non o entenden a/os administrada/os e temos que dicirllo claramente. E como nos Parlamentos, ás veces, parecen diálogos de xorda/os, sairemos a rúa, outra vez, para que alto, forte, e con contundencia, expresemos o que pensamos da Xestión da Sanidade, tanto en Madrid como na Galiza.
O 12 ás 12 na Alameda de Compostela. Non faltes!