Salceda de Caselas | A Alcaldesa Loli Castiñeira e a Concelleira de Benestar Selene González mantiveron unha xuntanza coa Asociación de Persoas Xubiladas de Salceda para o traslado para o novo CS da Devesa que comezará estes días.
Hoxe realizouse o acto de recepción da obra do renovado CS da Devesa, unha vez completadas as distintas deficiencias detectadas.
Unha obra cun orzamento de 674.000€ financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Reacpon e do Plan Concellos.
Por outra banda, esta semana realizouse unha xuntanza coa Asociación Veciñal Carballeira da Picoña e o equipo técnico para coñecer a situación dos traballos que se realizarán proximamente para reparar os danos producidos polas intensas choivas dos meses de decembro e xaneiro. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas logo da licitación pública, e no caso da Picoña, centraranse na reparación dos muros do barrio de Loureiro.