A Cañiza | Este domingo 16 de xullo, o circuíto de pumptrack do Concello, inaugurado o pasado 5 de xuño, acolleu durante toda a mañá, a celebración da 1ª das 4 probas deportivas da Copa Galicia de Pumptrack da Federación Galega de Ciclismo.
Unha competición na que participaron case un centenar de ciclistas nas 24 categorías, feminino e masculino, desta nova especialidade.
O Alcalde felicitou a todos os gañadores e tamén ao do Clube Pontebike Team e Sportskids, organizadores do evento e agradeceu á Federación Galega de Ciclismo e ao seu Delegado Provincial, Óscar Sánchez, por ter apostado pola nosa instalación para o inicio da Copa Galicia.
Luis Piña tamén agradeceu o traballo desenvolvido por todos os colaboradores durante esta xornada de domingo: organizadores, árbitros, comisarios, fotógrafos, presentadores e demáis persoal que fixeron posible que a proba fora un éxito.
Por suposto grazas a todos os clubes, deportistas e familias por ter confiado na Cañiza para participar neste evento.
O Alcalde tamén agradeceu a colaboración dos establecementos da Cañiza Camping Cañiza, apartamentos turísticos Augusto e Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.
A pista de Pumptrack da Cañiza xunto coa de Skatepark é unha das máis completas de Galicia, con 3.300 m2 para a práctica do deporte urbano e segundo os expertos unha das mellores instalacións de nosa Comunidade, como quedou acreditado na competición deste domingo na que os profesionais confirmaron que a pista de pumptrack destaca pola alta calidade técnica do circuíto.
Anexa a esta pista, está a de skatepark con 1.820 m2 de instalación, que ademáis conta coa mellor rúa principal de skatepark de toda España, segundo declaracións de profesionais e especialistas. A competición deste domingo complétase coa celebración do Campionato de BMX da Cañiza do vindeiro 2 de setembro.