Tomiño | O pasado 23 de novembro celebrouse no Concello de Tomiño un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Día foi a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES). O Plan foi aprobado pola unanimidade da Corporación Municipal.
O mesmo tempo a Concelleira Mirta Misa insistiu en que as propostas non queden tan só sobre o papel porque considera imprescindible asesorar e informar ás veciñanza na tramitación das axudas para a adaptación das vivendas, implantar puntos de recarga para vehículos eléctricos, transporte público axeitado, etc.
As socialistas denuncian, porque este documento o evidencia, que a día de hoxe o Concello de Tomiño non conta con Plans de Emerxencias contra inundacións, nin contra períodos de seca, nin contra incendios forestais… polo que esixen a súa redacción e aprobación de maneira urxente.
Por outra banda, as socialistas reuníronse nestes días con parte do tecido comercial perxudicado pola peonalización da Avda. Ordoñez, arteria principal da vila de Goián.
Estes comerciantes mostránse radicalmente en contra desta obra ao considerar que os perxudica enormemente e poñen enriba da mesa alternativas viables e sensatas. “Pedimos que se escoite e se atenda as veciñas e veciños, pois este goberno presume de que “o Concello escoita”, e consideramos que non se pode dar as costas a esta grave problemática que podería ser a estocada final para Goián”
Dí a voceira socialista Violeta De Santiago quen lembra que no citado “PACES” fálase de reduccións de velocidades que é xustamente o que este goberno presentou e prometeu para esta Avenida na precampaña electoral no Centro Goianés.