Tomiño | O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza do Seixo encherase de actividades lúdicas e educativas, organizadas polo Concello para conmemorar esta data tan importante.
Coma en anos anteriores, haberá descontos na venda de textos, escritos en lingua galega, que ascenderán ate o 50 % do seu valor real.
As actividades comezarán ás 10.30 horas, coa venta de libros e obradoiros relacionados coa figura do escritor desaparecido Carlos Casares; a cultura e lingua galegas, dirixidos tanto a nenos e nenas, coma a persoas adultas. Ás 14.30 farase un descanso, retomando as actividades de 17.00 a 20.00 horas.
A Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto na propia praza, xusto ás 12.00 da mañá.
Pola tarde, a partir das cinco, haberá obradoiros de xoguetes populares e tradicionais, e unha hora despois, contacontos “Cantos Animais”, con Susa Herrera, e sinatura de libros ao rematar.
Ás sete da tarde, dará comezo unha foliada, sendo necesario traer o instrumento para poder unirse.
En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao mercado municipal.