O Porriño | As traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF), apoiadas pola CIG, manifestáronse este 8 de novembro diante do Concello do Porriño para esixir un convenio laboral digno tras máis de dez anos sen renovación do Convenio Colectivo que precariza as súas condicións laborais, razón pola que sumáronse á folga indefinida decretada por este sector.
Nun comunicado expresaron o seu rexeite ao “recente preacordo colectivo coa patronal asinado entre CC.OO e UXT” na que “se nega unha revisión salarial para manter o noso poder adquisitivo” e que tampouco “recoñece o 100% das baixas, obrigándonos a ir enfermas a traballar”. Anunciaron así a súa decisión de facer unha folga indefinida “pola nosa dignidade e por un servizo de calidade cun convenio digno”.