A Guarda | O Concello da Guarda ven de recibir da Xunta de Galicia a resolución positiva da subvención que se solicitou nunha convocatoria de axudas dirixidas a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A través desta intervención repoñeranse todas aquelas árbores que se atopan danadas no acceso ao Castelo de Santa Cruz e realizarase unha actuación na principal zona axardinada creando un pequeno bosque de plantas aromáticas e un “hotel para insectos”, unha iniciativa que favorece a biodiversidade, e pode servir como ferramenta pedagóxica para os centros educativos e outros colectivos interesados no coidado do medio ambiente.
Remata o ciclo de barferencias 2023
O relatorio “ A muralla dos castros. Modelos, reconstruccións e interpretacións” porá o peche o ciclo de bareferencias 2023 que tivo a divulgación do patrimonio como eixo central. A charla correrá a cargo de Luis López González, arqueólogo responsable da recente reconstrucción na porta da muralla do castro de Santa Trega.
Doutor en arqueoloxía pola Universidade Complutense de Madrid , Luis F. López é un dos maiores expertos en arquitectura castrexa, tendo excavado en castros tan senlleiros como San Cibrán de Las, Elviña, Castromaior, Cervantes. Así mesmo, no castro de Santa Trega fora o responsable da restauración no sector de Mergelina.
No relatorio do venres, Luis F. López falara dos sistemas constructivos empregados nas murallas dos castros, prestando atención aos accesos como os lugares máis detacados dos castros, onde por tanto se realiza unha maior inversión constructiva, entendendo o funcionamento do acceso ao Castro de Santa Trega dentro dos modelos defensivos do mundo castrexo.
A barfererencia terá lugar no restaurante Casa de la Abuela o venres 2 de xuño ás 20:30h.