O Pereiro de Aguiar | Xa está rematada a nova senda na estrada OU-101, de mais de dous quilómetros nunha zona de gran actividade económica e intensa circulación.
Entronca coa que xa está en funcionamento dende o complexo de Monterrei e supón en conxunto mais de catro quilómetros de sendas que propician unha mobilidade segura e sostible.
As obras da senda afrontan os seus últimos traballos e en vindeiros días poranse en funcionamento. É unha obra moi importante acometida pola Xunta de Galicia na estrada da súa titularidade e que se executa ao seu paso polos Concellos de O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Paderne.
Unha actuación moi importante en materia de seguridade viaria e mobilidade sostible que se engade ao moito executado nos últimos catro anos. Son máis de oito quilómetros de novas sendas e 3,5 millóns de euros de inversión.