Tui | Tui será a sede de Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror do estado español, Hispacon, no último cuadrimestre 2026. Así o designou hai un días a asemblea xeral de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror, tras a proposta realizada pola escritora tudense de xénero fantástico Conchi Regueiro, que obtivo o respaldo da maioría das persoas participantes na asemblea. O Concello de Tui colaborará coa organización deste evento.
Baixo o título de TuidCon-Hispacon 2026 a proposta articúlase entorno a tres eixos temáticos: encontro do fantástico ibérico; a fronteira, lugar e idea; e a historia coma elemento clave nos xéneros fantásticos.
O edificio Francisco Sánchez, e outros puntos da cidade, albergará esta actividade, nunha data aínda por determinar. Contará coa participación de convidados de honra e nomes de relevancia nestes xéneros non miméticos. En Hispacon poderán participar tanto persoas afeccionadas ao xénero fantástico coma público en xeral. Para iso habilitaranse distintos xeitos de inscrición. Haberá charlas, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, presentacións editoriais e a asemblea xeral da propia asociación,
A organización de TuidCon-Hispacon comezará en breve unha campaña de busca de patrocinadores e de voluntariado.
Os hispacones, congresos de fantasía, ciencia, ficción e terror, impulsados por Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror celébranse anualmente nunha localidade distinta. Tui será o cuarto municipio galego en acoller o evento logo de que se celebrase en Santiago de Compostela en 1999, en Vigo en 2005 e en Ferrol en 2022.
A celebración deste congreso constitúe unha interesante oferta lúdica e cultural sobre unha temática que cada día conta con maior proxección, Este ano Hispacon tivo lugar en San Fernando, en 2025 celebrase en Sabadell, e en 2026 Tui será a sede deste evento que conta con proxección internacional.