Tui estrea nova sede do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA)

Velará xunto con Valença pola seguridade transfronteiriza hispano-portuguesa

Tui | O ministro de Interior Fernando Grande-Marlaska inaugurou en Tui a nova sede do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA) Tui-Valença, acompañado da súa homóloga portuguesa Maria Margarida Blasco. A nova sede está localizada na avenida de Portugal.

No acto de inauguración tamén participaron o delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco; o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Câmara Municipal de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira; e a presidenta de la Sociedad de Infraestruturas e Equipamientos Penitenciarios e da Seguridad do Estado (SIEPSE), Sofía Hernanz.

Na súa intervención Cabaleiro destacou coma o novo equipamente inaugurado hoxe trascende máis aló do ámbito da seguridade xa que “está situado nun lugar estratéxico, nun lugar que históricamente foi testemuña das moi boas e intensas relacións que mantivemos galegos e portugueses, Galicia e Portugal.

Este lugar “é a principal porta de entrada de entrada de Portugal en España, é unha das fronteiras máis antigas de Europa, e a máis transitada da península” sinalou. Enrique Cabaleiro engadiu que “é tamén un lugar que exerce a centralidade e a capitalidade dun territorio transfronteirizo que historicamente liderou, lidera e seguirá liderando as relacións de cooperacións tranfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal”.

A nova sede do CCPA, de case 1000 m2, supuxo un investimento de 3,7 millóns de euros. Trátase dun edificio funcional e sostible segundo se expuxo no acto inaugural. Substituíndo a sede operativa anterior vixente desde 2008, o novo edificio da CCPA contará con tecnoloxía avanzada como a plataforma SIENA da Europol, consolidando así a cooperación transfronteiriza en materia de seguridade para combater o terrorismo e os tráficos ilícitos, Entre xaneiro e novembro de 2024 a CCPA tramitou 1.033 expedientes relacionados co intercambio de información así como a realización de operacións conxuntas.

A licitación o novo tramo da AG-42 Tui-A Guarda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación da licitación para o novo tramo de 4 quilómetros na autovía AG-42 Tui-A Guarda cun investimento de 17M€ e que conectará o polígono de Areas coa PO-350 en Tomiño. O proxecto prevé un prazo de execución de 24 meses co inicio das obras a para mediados de 2025.

No acto estiveron presentes as Alcaldesas de Tomiño, Sandra González, e do Rosal, Ánxela Fernández, o segundo tenente de alcalde de Tui e concelleiro de Obras, Medio Rural, Xestión de Residuos, Limpeza Viaria e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.

Rueda destacou que esta iniciativa que aposta pola mobilidade e as infraestruturas permitiu construír 220 quilómetros de novas autovías en Galicia, cun investimento total para a AG-42 que superará os 188M€. Salientou igualmente o compromiso da Xunta por recuperar a xestión das catro autopistas autonómicas –O Salnés, Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión–, que permitiu aforrar máis de 340M€ ás arcas públicas así como as bonificacións das peaxes nas autovías AG-55 (Costa da Morte) e AG-57 (Val Miñor).

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.