Tui | A Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, acolle ao longo do mes de abril a exposición “Galicia con Exin Castillos” en colaboración con La Trastienda de Lupadás.
Luís Arias de La Trastienda de Lupadás é o autor da meirande parte das pezas que se expoñen froito de moitas horas de traballo.
4.800 pezas son as empregadas para construír a fachada románica e a Torre de San Andrés da Catedral de Tui, mentres que 300 pezas foron as utilizadas para construír unha versión mini da Catedral co pórtico gótico e a praza de San Fernando.
Un xogo de xadrez e damas foi creado con 600 pezas, e tamén se pode visitar o tradicional horreo galego.
Pero na exposición poden verse amais tres construcións con pezas que teñen máis de 40 anos. En concreto os castelos Exin nº1 e nº2 da serie azul, cuxas pezas foron comercializadas en 1968, e un gran Castelo de Fantasía, realizado polo coruñés Fran Guerra no que mesturou pezas clásicas con outras octogonais novas.
Tanto Luís Arias coma Fran Guerra pertencen á Asociación Exin Castillos e West que ten coma obxectivo fomentar o coñecemento destes xogos de construción.