Tui | O Concello de Tui inaugurou a exposición “Inventio Mundi” que se pode visitar na Sala de Exposicións Municipal de Tui. A mostra está organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración e poderase visitar en Tui até o 6 de xuño.
No acto inaugural participaron o tenente alcalde de Tui, José Ramón Magán, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.
A mostra permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.
“A mostra permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández, tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes”
“Inventio mundi” é unha mostra que recolle unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais.
En pouco máis de trinta paneis a mostra explicar unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura.
A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.