Tui | O programa integrado de emprego do Concello de Tui inicia a súa actividade cun cento de persoas en situación de desemprego.
Un total de cen persoas en situación de desemprego verán mellorada a súa empregabilidade a través do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui que o mércores 01/02/23 ÁS 12,00 h será presentado no Salón de Actos do Concello.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui conta cun orzamento de 297.691 euros –dos que 250.000 euros serán achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade, e os 47.619,05 euros restantes, polo Concello de Tui– e nel participarán persoas desempregadas pertencentes a diversos colectivos:
Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación
Desempregados e desempregadas menores de 30 anos cualificados
Perceptores de prestacións
Mulleres
Parados de longa duración
Persoas con discapacidade
Inmigrantes
O obxectivo deste Programa de Emprego, é o de mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego e para iso, as e os participantes contarán cunha atención persoalizada durante os meses que dure esta iniciativa.
A execución de este programa implica asumir o compromiso de insertar como mínimo o 45% das persoas participantes coa penalización economica que corresponda polo seu incumplimento.
Neste sentido, o concello de Tui conta con experiencia anterior na execución de este tipo de programas, sendo este o 3 programa de emprego que se inicia neste mandato. (rematamos 1 e iniciamos 2 máis).
Para lograr os obxetivos que se pretenden tanto de inserción como de mellora da empregabilidade en xeral, as persoas participantes realizaran unha serie de accións que se integran o longo do programa, como son:
1. Información, orientación e asesoramento
2. Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas
3. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
4. Habilidades sociolaborales e obradoiros de entrevista
5. Fomento de capacidade emprendedora
6. Prospección empresarial
7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
8. Formación para o emprego: esta formación estará relacionada coas necesidades detectadas no mercado de traballo, e programadas en coordinación coas empresas colaboradoras.
As accións formativas previstas suman máis de 1000 horas de formación para o emprego, incidindo naquelas cualificacións con maior demanda no mercado laboral, entre as que están as seguintes:
Itinerarios profesionais e formación vinculada:
– Operario/a de Almacén
Xestión básica do almacén
Xestión informatizada e control de stock
Condución de carretilla elevadora
– Operaria/o de produción
Operacións básicas de liña de produción
Industria 4.0 no sector da automoción
Básico de prevención de riscos laborais
– Expendedor/a de gasolina
Expendedor de gasolina
– Comercio e atención ao cliente
Operacións básicas de caixa
Técnicas de venta e posventa
Decoración en tendas e escaparates
Técnicas de paquetería
– Turismo e atención ao cliente
HOTA0003_Recepción e atención ao cliente en establecementos de aloxamento
– Alimentación
Manipulación, despece , venda e conservación de produtos frescos da pesca
Manipulación, despece, venda e conservación de produtos frescos cárnicos
Manipulación, venda e conservación de froitas e verduras
Manipulación, venda e conservación de produtos de charcutaría
Manipulador de alimentos, alérxenos e APPCC
– Limpeza
SSCI012po_Limpeza industrial
Formación transversal:
Competencias Dixitais Básicas
Competencias Dixitais Avanzadas
ADGD092_Entrevista de selección de persoal
ADGD032PO_Fundamentos do coaching e orientación
Igualdade de xénero
Obradoiro de mobilidade laboral
Obradoiro de entrevista
Obradoiro de busca activa de emprego
Obradoiro de técnicas de motivación para a busca de emprego
Obradoiro de emprendemento
Formación online diversa
9. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctica das acción formativas.
10. Talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos disponibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea ( redes Eures).
Por outra parte, o equipo técnico destinado a execución de este programa desenvolverán un traballo de orientación laboral, acompañando e asesorando ás e aos participantes na súa busca de emprego. Paralelamente contactarán coas empresas da zona, nunha labor de prospección laboral, para coñecer as súas demandas de candidatos e candidatas ou formación.
Ese paso é fundamental para, posteriormente, facer un traballo de intermediación laboral, emparellando as ofertas de traballo coas persoas participantes segundo os seus perfís e cualidades
Non menos importante é a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas realizadas.