Tui | No marco do ciclo “Sobredo, 101 anos despois” e coa colaboración do Concello de Tui, a Sala Felix Rodríguez (Edificio Francisco Sánchez) foi o escenario este 22 de novembro da presentación do libro da escritora Aurora Marco “Carmiña Sierra. A primeira muller no Seminario de Estudos Galegos” (Editorial Alvarellos) O acto foi presentado por Marga Lorenzo, da xunta directiva do Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo” (IEAMSo), entidade organizadora destas actividades. Contou cunha nutrida asistencia da veciñanza así como do Alcalde Enrique Cabaleiro.
A autora do libro, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega (USC) e Premio Mestre Mateo 2011 polo seu audiovisual “As silenciadas”, lembrou a pegada dunha mestra, Carmiña Sierra (Pontecesures, 1906 – Caracas, 1996) que na súa mocidade formou parte, como socia, do Seminario de Estudos Galegos, entidade da que se ven celebrando o seu centenario este 2023. Sierra, militante do PCE, foi catedrática de Literatura Española e docente. Foi detida o 5 de xaneiro de 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas (Madrid) para posteriormente ser xulgada nun Consello de Guerra e condenada a catro anos de prisión. En 1952 decidiu exiliarse en Venezuela.
A obra que se presenta, tal como se di no comezo aborda a vida de Carmen Sierra, nacida en Pontecesures, 1906 (falece en Caracas, 1996); quen iniciou estudos de Filosofía e Letras en Compostela que conclúe Universidade de Madrid).
Sierra foi catedrática de Literatura Española e exerceu como mestra antes da Guerra Civil en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Militante do PCE, foi detida o 5 de xaneiro de 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas. Dous anos máis tarde foi xulgada nun Consello de Guerra e condenada a catro anos de prisión. Vive en Madrid, onde traballa nunha libraría, ata que en 1952 decide exiliarse en Venezuela, onde residiu ata a súa morte.