Tui | Debido á necesidade detectada durante o estado de alarma de poder axudar ás familias cunha achega económica directa para a compra de alimentos procedeuse á modificación da Ordenanza Municipal de Axudas de Emerxencia Social. Tras ser aprobada no pleno extraordinario celebrado o pasado 16 de abril xa está publicada no BOPPO a modificación desta ordenanza.
O obxectivo desta modificación dos artigos 13, 14, 16 e 17 é ampliar e mellorar o pagamento das axudas ás familias. Con este cambio posibilítase o pagamento das axudas concedidas de formas directa mediante transferencia bancaria. Deste xeito as familias poderán mercar os seus alimentos directamente. Están xa en trámite inicial un total de dez solicitudes presentadas até o de agora.
Dende hoxe están accesibles na web municipal os impresos de solicitude xunto coa documentación requirida.
Estas axudas darán cobertura de necesidades básicas de carácter xeral: alimentos, vestido, … e gastos sanitarios e sociosantarios de carácter urxente. Tamén poden ser destinadas á fianza e aluguer de vivenda, subministros, equipamento básico ou aloxamento urxente.
Durante o Estado de Alarma dende o Concello de Tui tense atendido a 50 familias en situación de vulnerabilidade coa achega de alimentos básicos e produtos de limpeza e hixiene persoal. Segundo as estimacións realizadas esta cifra podería nas próximas meses ás 200 familias.
Servizo de compra de alimentos e entrega de comida preparada a persoas vulnerables
Debido á crise do COVID19 dende o inicio do Estado de Alarma púxose en marcha un servizo de compra de alimentos para persoas maiores que viven soas. Este servizo comezou a prestarse a cinco persoas, continuando na actualidade con catro, xa que unha delas se incorporou ao Servizo de Axuda no Fogar. Cómpre salientar que dende os Servizos Sociais contactouse con outras persoas que viven soas para ofrecerlles a axuda, pero non a non a precisaron xa que familiares ou veciños se encargan de realizarlles a compra.
Tamén dende o primeiro momento estableceuse contacto cun restaurante de Tui para que prestara o servizo de preparación de comida e entrega a domicilio. Esta opción foi prestada tanto ás persoas maiores que xa habitualmente acudían a este establecemento, coma a aquelas outras que a raíz da crise sanitaria o demandaron.
Nos primeiros días prestouse o servizo de adquisición da medicación que as persoas que viven soas puideran precisar, para que non saísen da casa, pero en pouco días as oito farmacias de Tui organizaron un sistema de reparto do medicamentos a domicilio ás persoas maiores que así o precisaban.
Para levar a cabo este labor os Servizos Sociais Comunitarios contan co apoio continuado da Policía Local e de Protección Civil.