Tui | O Consello Superior de Deportes, en resolución provisional asinada polo seu Director Xeral, vén de aprobar unha subvención de 197.489,35 euros para a reforma das piscinas municipais.
Con isto o goberno municipal resolve unha solicitude do Concello de Tui realizada ao abeiro das axudas convocadas por ese organismo para titulares de infraestruturas para a mellora e optimización de instalación e espazos deportivos que fomenten o turismo deportivo sostible, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Con esta subvención tratarase de solucionar os problemas de perda de auga da piscina municipal, así como a renovación dos equipos técnicos e unha mellora da infraestrutura exterior.
O Goberno Municipal está a traballar xa para unha segunda actuación que sería o cubrimento e climatización da mesma, a fin de que poida ser usada durante todo o ano, toda vez que hai unha crecente demanda deste Servizo por parte da poboación de máis idade con dificultade para se trasladar a outras localidades.