Tui | O Concello de Tui aposta por un cambio na elaboración do cartel anunciador das festas de San Telmo, que dende este ano será encargado a creadores e creadoras tudenses.
Deste xeito búscase reforzar este formato tendo en conta a importancia que o mesmo ten coma elemento comunicador e de atracción destas festas declaradas de Interese Turístico Galego.
Así o cartel anunciador das festas de San Telmo 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril, foi encargado polo Concello de Tui ao tudense Víctor Aparicio Abundancia, deseñador gráfico, debuxante, pintor e músico de recoñecido prestixio.
Proximamente será dado a coñecer o deseño elaborado por Víctor Aparicio para anunciar os festexos patronais de Tui deste ano.