Ponteareas | A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, convida ao alumnado de secundaria e á veciñanza en xeral este luns día 15 a visualizar vía streaming en www.depo.gal e en ponteareas.gal a acción escénica “Conversación: Habitación o morada”. O acto contará coa presenza da Deputada de Cultura Victoria Alonso e da Alcaldesa en funcións M. Cristina Fernández.
Enmarcada na campaña da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción. Violencia Zero” as artistas madrileñas, Ainhoa e Laura (Twins Experiment) presentarán ás 12:00 horas unha adaptación que xira arredor de tres conceptos: Conversa, encontro e playground. Un encontro entre dous corpos que conversan, un lugar onde desenvolver habilidades dialóxicas que tratan sobre saber escoitar, chegar a acordos e saber xestionar os desacordos.
Ademáis, o concepto simbólico da habitación remítenos ao espazo do fogar, que no ámbito da violencia é un aspecto crucial, a transgredir o ámbito íntimo/privado para adoptar unha relevancia pública e política.