BioNTech, unha empresa alemá fundada por unha parella de científicos descendentes de inmigrantes turcos, é a autora da vacina contra o coroavirus que distribuirá Pfizer e que amosou un 90% de eficacia, segundo datos preliminares.
Mentres o mundo respiraba un pouco aliviado polas novas de que a vacina experimental desenvolvida pola empresa de biotecnoloxía alemá BioNTech e a farmacéutica estadounidense Pfizer tivo resultados positivos na fase 3 dos ensaios, Uğur Şahin e Özlem Türeci amosaban unha notable modestia.
O conselleiro delegado de BioNTech, Şahin, que aínda vai en bicicleta á sé dunha empresa avaliada en 18.600 millones de euros, dixo que se trataba dunha “vitoria da innovación, da ciencia e do esforzo de colaboración mundial”. Con sorte, dixo Sahín, axudará “a recobrar certa normalidade”.
As súas declaracións revelan rigor científico, unha sólida ética de traballo e espírito emprendedor que fixo que a súa empresa adiantara aos competidores máis consolidados na carreira por desenvolver unha vacina contra a COVID-19. Os dous científicos convertéronse este outono nos primeiros alemáns de raíces turcas en formar parte da lista de millonarios do país, ocupando o posto número 93.
Fillos de inmigrantes turcos
Ámbolos dous especialistas son fillos de inmigrantes turcos que chegaron a Alemaña a finais dos anos 1960. Şahin, de 55 anos, naceu en İskenderun, na costa mediterránea de Turquía, pero cando tiña catro anos mudouse ao país xermano, onde o seus pais traballaban para a fábrica de Ford en Colonia. Türeci, de 53 anos, é a directora médica de BioNTech e creceu en Lastrup (Baja Saxonia), onde o seu pai, nado en Istambul, traballaba como cirurxán para un pequeno hospital católico.
Para os dous, a mestura de culturas xerou entornos infantís plenos de vida: Türeci descríbese a si mesma como “turca prusiana” e nas entrevistas fala con admiración das monxas que atendían aos pacentes no hospital do seu pai.
Şahin, aficionado ao fútbol, atopaba inspiración nos libros de divulgación científica que sacaba da biblioteca na igrexa local. Tras doutorarse cunha tese sobre tratamentos de inmunoterapia para células canceríxenas, seguíu ao seu titor de tese ata a Universidade de Saarland, na cidade de Homburg, onde Türeci estudaba medicina.
A parella casouse en 2002, interrompindo o xusto a súa investigación para quitarse a bata do laboratorio e correr ao rexistro civil o día da voda. A súa filla naceu catro anos despois.
Şahin e Türeci viven desde 2001 en Maguncia, unha cidade nas beiras do río Rhin, famosa polo seu entroido e por ser o fogar de Johannes Gutenberg, inventor da imprenta con tipos móbiles.